Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Novo pavimento para o multiúsos de Frades

O concello de Frades segue coas melloras nas instalacións e accesibilidade do multiúsos e coloca un novo pavimento na contorna do edificio.
frades-mellora-accesibilidade-multiusos-slide-2-decembro-2022_r

Bisbarra, 2 de decembro do 2022 – O concello de Frades segue coas melloras nas instalacións e accesibilidade do multiúsos e coloca un novo pavimento na contorna do edificio.

As instalacións do multiúsos son das máis utilizadas do concello e antes da chegada do nadal, época de moita actividade, o concello rematou esta mellora. As obras forman parte do proxecto de mellora da accesibilidade do edificio situado en Cimadevila e tiveron un orzamento de cerca de sesenta mil euros. Unha parte dos cartos foron aportados pola Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia.

As obras consistiron no acondicionamento do pavimento exterior do multiúsos, nivelándoo e garantindo unha maior accesibilidade mediante o estendido dun novo pavimento de formigón impreso. Manuel ferreiro, concelleiro de obras explica que “Deste xeito evitaremos riscos de tropezóns e esvaróns ás persoas que fan uso destas instalacións e que van dende nenos pequenos que acoden coas súas familias a actividades lúdicas ata a persoas maiores que veñen aos cursos de formación, por non falar da mocidade que visita a biblioteca, a sala de estudos ou a aula de informática”.

Ascensor no MUFRA

Nas próximas semanas procederase a instalar un ascensor que dea acceso a persoas con mobilidade reducida á primeira planta do centro multiúsos, onde se emprazará o Museo da Cultura e Tradicións de Frades (MUFRA), que sería unha ampliación do actual Museo de Apeiros de Labranza. Será un elevador eléctrico, sen cuarto de máquinas, cunha cabina dun metro de ancho e 1,25 metros de profundidade xa que o espazo existente non permite un de maiores dimensións.

Con esta actuación, o Concello de Frades completa o equipamento do edificio multiúsos, onde se xuntan servizos como a biblioteca municipal, a sala de estudos, a aula de informática con 16 ordenadores con conexión a Internet a alta velocidade, unha aula para cursos formativos (con capacidade para entre 15 e 25 persoas), outra aula para actividades con capacidade para ata 100 persoas (e que se pode dividir en dúas salas independentes) e o MUFRA, un espazo museístico de vocación transversal enmarcado nun proxecto máis amplo xa posto en marcha polo Concello, “A Herdanza do Pasado”, que se desenvolverá nos próximos anos para dotar a Frades dun museo institucional.

Post navigation

Previous: Humanización para o núcleo central de Ordes
Next: Un Outono Festival para lembrar

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.