Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades licitará obras de mellora de estradas e de accesos a aldeas por máis de 435.000 €

frades acceso aldeas 1setembro 2025

Os traballos inclúen a mellora dos accesos e da zona de aparcamento do CPI Ponte Carreira. No que vai de lexislatura Frades leva investido máis de dous millóns de euros en infraestruturas.

O Concello de Frades vai sacar a licitación nos meses de agosto e setembro obras de mellora de estradas e de accesos a aldeas por un importe de 437.806 euros. Unhas cifras que, unidas aos máis de 200.000 euros licitados o pasado mes de xullo e os 370.000 euros executados no primeiro semestre do ano, “suman algo máis dun millón de euros de investimentos en melloras de estradas, pistas e accesos a poboación no ano 2025”, sinala Manuel Ferreiro, concelleiro de Economía e Medio Rural.

Ferreiro Marzoa apunta que “a isto habería que sumarlle o medio millón de euros para a nova potabilizadora de auga de Frades, os 350.000 euros que investimos coa Xunta e co Concello de Ordes na execución da ponte entre Abellá e Ordes ou os máis de 50.000 euros para a reparación do encoro da área recreativa da Presa”.

Todo isto sumado supón un investimento de case 2 millóns de euros “algo moi significativo para un municipio pequeno e rural e que demostra que se están facendo ben as cousas, que se está petando en todas as portas e, o máis importante, que estamos conseguindo melloras para os veciños e veciñas de Frades”, destaca o concelleiro.

Próximas actuacións

Nas próximas semanas está previsto que o Concello de Frades saque a licitación tres proxectos de obras por máis de 435.000 euros. O primeiro deles ten un importe de 181.496 euros e inclúe a mellora dos accesos ao punto limpo de Frades (Céltigos) e á localidade de Caboladrón (Mesos), así como melloras no aparcadoiro do CPI de Ponte Carreira (Gafoi). Así mesmo, mellorarase o entronque coa estrada DP-3802 en Aiazo e a pista de O Pazo a Vistalegre (Galegos).

Neste proxecto inclúese unha obra moi demandada pola veciñanza, como é a mellora do firme no CPI de Ponte Carreira. Aló o Concello de Frades ten previsto aglomerar unha superficie de 500 metros cadrados para despois proceder ao pintado das prazas de aparcamento, dando así unha resposta a unha necesidade que se pon especialmente de manifesto cando se organizan eventos (Entroido, Recepción de Reis…) ou competicións e sesións deportivas.

O segundo proxecto, cun investimento de 92.420 euros, destinarase integramente á mellora de accesos a núcleos, concretamente os de Igrexa (Moar), Quintá (Papucín), Augasantas-Aboi (Céltigos) e Os Loureiros (Vitre).

Finalmente, o Concello de Frades contempla a mellora dos accesos ás localidades de Taberna (Abellá), á área recreativa Os Pasos (Aiazo), Añá de Meus (Añá), Sibío (Gafoi), Reboredo (Galegos) e Barazón (Moar). Así mesmo, contémplanse melloras nas pistas de Fondevila ao Cabezo e do Castro a Pumariño, ambas as dúas na parroquia de Abellá. Unhas actuacións que suman un investimento de 163.889 euros.

Post navigation

Previous: De Ninghures abrirá o programa Outono das Artes en Compostela
Next: Pleno extraordinario en Teo sobre o estado do concello

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.