Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades licita dous proxectos de aforro enerxético

proxectos-frades-slide-9-agosto-2019_r

Frades, 9 de agosto do 2019 – O Concello de Frades vén de sacar a licitación dous proxectos de eficiencia e aforro enerxético no alumeado público de sete parroquias do municipio.

O importe do proxecto de aforro enerxético é de 212.762,98 euros. O alcalde Roberto Rey explica que son “Dous proxectos financiados cunha achega do IDAE e que permitirán cambiar 280 puntos de luz en sete parroquias, isto suporá un aforro aproximado do 85% na factura de enerxía eléctrica, así como diminuír a contaminación lumínica e as emisións de CO2”.

Os dous proxectos licitados permitirán cambiar un terzo do alumeado público municipal, composto por 994 luminarias repartidas en 65 cadros. Concretamente, substituiranse 280 puntos de luz de lámpadas de vapor de sodio alta presión e vapor de mercurio das parroquias de Abellá, Frades, Gafoi, Mesos, Moar, Papucín e Vitre por luminarias LED de última xeración e elevada eficiencia enerxética, que evitan a contaminación luminosa por teren un fluxo hemisférico superior por debaixo do 1%.

Así mesmo, renovaranse e arranxaranse os cadros de mandos existentes, adaptándoos aos novos sistemas de alumeado e instalando un reloxo astronómico en cada un deles. “Os reloxos astronómicos son interruptores horarios que incorporan un programa especial que ten a vantaxe de que non é precisa a programación manual e periódica dos tempos de acendido e apagado, senón que se adaptan á nosa zona xeográfica e nos permite tamén atrasar ou adiantar de xeito uniforme os tempos de acendido e apagado, conseguido así unha maior eficiencia”, apunta Rey Martínez.  

Coa execución destes dous proxectos, o Concello de Frades axustará o nivel de iluminación ás características de cada lugar e vía, de acordo ao especificado polo Real Decreto 1890/2008 Regulamento de Eficiencia Enerxética en Instalacións de Alumeado Exterior e polo documento “Requisitos técnicos esixibles para luminarias con tecnoloxía LED de alumeado exterior”, elaborado polo IDAE e o Comité Español de Iluminación (CEI). As obras teñen un prazo de execución máximo de seis meses, polo que deberían estar rematadas a principios de 2020.   

Post navigation

Previous: Ardemil en Ordes celebra a festa da Malla Tradicional
Next: Melide solicita un reforzo de persoal para o PAC

Máis novas

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Imaxe da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Un momento do pleno en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso asinarán un convenio para mellorar a estrada Fontelo (Aiazo)-A Igrexa (San Román de Pasarelos)

Unha das estradas arranxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

Imaxes dos accesos construídos en Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.