займ срочно

Frades remata as obras de mellora de seis pistas do municipio

0

Bisbarra, 15 de setembro do 2023 – O Concello de Frades vén de mellorar o firme de seis pistas municipais, nas que investiu 78.154,08 euros.

Uns traballos que permitiron a Frades o asfaltado de case tres quilómetros de pistas nas parroquias de Gafoi, Moar, Aiazo, Añá e Galegos.

Entre as pistas arranxadas figuran o camiño de Currás a Raselo, na parroquia de Gafoi, onde se repararon as fochancas e se asfaltou o firme desta estrada, de 800 metros de longo por 3 metros de ancho. A maiores, asfaltouse tamén un ramal de 190 metros deste mesmo camiño, así como o afirmado doutros dous treitos de 270 metros con zahorra.

Tamén se asfaltou o camiño de acceso a Castiñeiro Redondo (Moar) e o camiño que une esta localidade co límite co Concello de Oroso. En ambos os dous casos reparáronse as fochancas e mellorouse a capa de rodaxe cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma.

A maiores, nos accesos a Castiñeiro Redondo executouse unha cuneta de seguridade en formigón de 50 metros para facilitar a mobilidade dos veciños e veciñas. A maiores, instalouse unha taxea para a recollida de augas pluviais.

O Concello de Frades tamén pavimentou os accesos a Sanamil (Añá) e á Torre (Aiazo), onde se melloraron as capas de rodaxe cun tratamento asfáltico superficial e colocáronse unha sinal de STOP en cada camiño.

No caso da Torre, a maiores executouse unha canalización de 50 metros e 3 arquetas de sumidoiro para a recollida das augas pluviais. Finalmente, o Concello de Frades pavimentou tamén o camiño entre o límite do Concello de Ordes ata a localidade de O Pazo (Galegos).

140.000 euros nos próximos meses

O concelleiro de Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro, destaca que “acabamos tamén de licitar outros dous proxectos máis por 139.770 euros que demostran que seguimos traballando igual ca sempre e se comproba que todas as obras que dixemos que iamos facer son reais e se están levando a cabo”.

O Concello vén de adxudicar a obra “Camiño Tañoi a Cruz do Canedo (Abellá) e outros”. Unha obra que recolle a mellora de tres camiños asfaltados no municipio: de Tañoi á Cruz do Canedo (Abellá), da DP-3802 a San Martiño (Frades) e da N-634 a Vilar de Céltigos (Céltigos).

Son case catro quilómetros de pistas nas que se procederá á limpeza de gambias de ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas. En Abellá e Frades instalaranse sendas sinais de Stop e en Céltigos canalizaranse as pluviais en dous tramos de seis metros cada un para facer dous pasos para os peóns.

Finalmente adxudicouse o proxecto “Pavimentación camiño Filgueira (Mesos) cara Barreiro (Abellá) e outros”. Un proxecto que inclúe obras de pavimentación ao longo de tres quilómetros e distribuídos en doce pistas. Así, pavimentaranse os accesos ás localidades de Quintá (Papucín), Outeiro (Galegos), A Fraga (Vitre), Os Canedos (Mesos), Chá (Ledoira), Gándara e Sanamil (Añá), Pedreira e Seixo (Moar) e á igrexa de Céltigos. En todos os casos mellorarase a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma, previa reparación de fochancas.

A maiores contémplase a pavimentación do camiño entre Figueira (Mesos) e Barreiro (Abellá), así como a execución dunha cuneta de seguridade en A Igrexa (Frades), de 295 metros de longo con quince centímetros de zahora e dez de formigón. Baixo esa cuneta construirase unha rede para a recollida de augas pluviais de 95 metros e con tres arquetas con sumidoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies