Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

As obras de Frades centráronse nos accesos a Caboladrón e ao punto limpo, así como no parking do colexio

Imaxes dos accesos construídos en Frades

Frades, 20/05/2026 –  O Concello de Frades vén de rematar as obras de mellora dos accesos á aldea de Caboladrón (Mesos) e ao punto limpo de Frades (Céltigos), un proxecto que supuxo un investimento de 181.496 euros.

Os traballos tamén incluíron melloras no aparcadoiro do CPI de Ponte Carreira (Gafoi) así como en dous entronques coa estrada DP-3802 na parroquia Aiazo e na pista de O Pazo a Vistalegre (Galegos).

O alcalde en funcións, Manuel Ferreiro, destaca que “neste proxecto incluímos unha obra moi demandada pola veciñanza, como é a mellora do firme no CPI de Ponte Carreira. Aló aglomeramos unha superficie de 500 metros cadrados para pintar as prazas de aparcamento, dando así resposta a unha necesidade que se pon especialmente de manifesto cando se organizan eventos no polideportivo municipal”.

Esta actuación permitiu arranxar 2,5 quilómetros de estradas, todos eles con 3 centímetros de mestura bituminosa previo bacheo con grava e tratamento asfáltico en toda a superficie da estrada. No caso da pista de Pazo a Vista Alegre executáronse tamén dúas cunetas de seguridade en formigón, baixo a que se canalizou a recollida de augas pluviais con 10 arquetas sumidoiro.

Melloráronse tamén dous entronques coa estrada provincial DP-3802 ao seu paso pola parroquia de Aiazo, concretamente nos puntos quilométricos 13,8 e 13,6, onde se acondicionou con 5 centímetros de aglomerado en quente unha superficie de 380 metros cadrados, co posterior pintado das liñas de bordo e sinalización horizontal. Unhas actuacións incluídas no Plan Único de Concellos POS+2025.

Post navigation

Previous: Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas do concello
Next: III Mostra de Teatro EM-Brión

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.