Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

As melloras en Frades chegarán a seis aldeas e dúas pistas en Abellá

Unha das estradas arraxadas en Frades

Frades, 08/07/2026 – O Concello de Frades vén de rematar as obras do proxecto “Pista de Fondevila a O Cabezo (Abellá) e outros”, nos que investiu 163.889 euros para mellorar os accesos a seis aldeas do municipio e arranxar dúas pistas na parroquia de Abellá. Unha actuación incluída no POS+ 2025.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “as obras incluíron a mellora dos accesos ás aldeas de A Taberna (Abellá), Meus (Añá), Sibío (Gafoi), Reboredo (Galegos), Barazón (Moar) e á área recreativa de Os Pasos, en Aiazo, unha das zonas de lecer máis concorridas do noso municipio, sobre todo durante o verán”.

Rey Martínez apunta ademais que “seguimos coa nosa aposta polo aglomerado para mellorar as nosas pistas e os accesos aos distintos núcleos de poboación. Unha solución máis cara pero tamén a máis segura e duradeira para a nosa veciñanza”.

Obras realizadas

Nos seis casos, as obras consistiron no bacheo das pistas, previo mellora da súa capa de rodaxe con tres centímetros de aglomerado. Os traballos de Frades complementáronse coa apertura de gabias e limpeza de salvagabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal, así como a reposición da sinalización horizontal, co pintado de liñas de borde e símbolos, e vertical (coa colocación de ata 11 sinais de Stop).

A maiores, no caso dos accesos á Taberna, os traballos incluíron a execución de dúas cunetas revestidas con 15 centímetros de formigón. O proxecto tamén incluíu o arranxo de dúas pistas na parroquia de Abellá que suman 1.190 metros, cunha superficie de máis de 4.000 metros cadrados.

En ambos os dous casos, as obras realizadas polo concello de Frades consistiron no bacheo previo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo da pista, que posteriormente sería mellorada na súa capa de rodaxe con 3 centímetros de aglomerado.

Post navigation

Previous: ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os 7, 8 e 9 de agosto
Next: Dinlle aos pacientes do Hospital Provincial de Conxo que traian o seu propio ventilador

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.