займ срочно

Frades organiza a I Festa Rural

0

Bisbarra, 8 de setembro do 2022 – Se o mes de setembro é tempo de romarías cada vez súmanse máis citas e entre elas a I Festa Rural que organiza desde este ano o concello de Frades.

A cita será os días 17 e 18 de este mes. A I Festa Rural de Frades incluirá mercado de artesanía, exposición etnográfica, festival folclórico, verbenas e degustación de callos.

A praza de Ponte Carreira é o lugar escollido para esta cita. A I Festa Rural está organizada en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

A festa arrincará na tarde do sábado 17 de setembro coa apertura do mercado de artesanía e dunha exposición etnográfica, que se poderán visitar durante os dous días. A partir das 20:00 horas, o mago Román García presentará o seu Festival Galicia Ilusiona Maxia, que dará paso a unha verbena popular co Dúo Élite.

Xantar popular

O domingo 18 dará comezo cun pasacalles con Embruxo Gaiteiros, que amenizará o mercado de artesanía. Os xogos tradicionais estarán a disposición de todas as idades, ao longo de toda a xornada. A partir do mediodía haberá unha exposición de motos antigas e unha degustación de callos, que dará paso a unha sesión vermú coa orquestra Salsarena.

A I Festa Rural continuará cun xantar popular na mesma Praza de Ponte Carreira. O menú estará composto por uns entrantes de empanada e xamón, seguido por callos e xarrete con verduras. De sobremesa haberá larpeira e xeado.

O prezo do menú será de 25 euros para persoas adultas, 18 euros para menores de 12 anos e de balde para os cativos e cativas de menos de 5 anos. As entradas estarán á venda no Concello de Frades, na asociación de veciños Rexente, na asociación da terceira idade de Frades e nos bares de Ponte Carreira ata o 15 de setembro.

Para baixar o xantar, de 17:00 a 19:30 horas terá lugar unha nova edición do Festival Folclórico. Nesta ocasión participarán os grupos Sarillo (Aiazo), Medorra con Troula (Galegos) e Carapaus (Santiago). A orquestra Salsarena será a encargada de pechar esta I Festa Rural do Concello de Frades cunha verbena que dará comezo ás 20:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies