Frades, 11 de agosto do 2017 – Dúas citas ben distintas pero igualmente interesantes para a noite do venres, con cine na rúa, e a tarde do sábado coa Festa da Auga.
Hoxe venres na praza Pública de Ponte Carreira, a partir das dez da noite, proxectarase El viaje de Arlo dentro do programa de cine na rúa no que colabora a rede cultural da Deputación da Coruña. El viaje de Arlo é unha cinta de animación do ano 2015 que nos conta a historia dun dinosaurio que se fai amigo dun neno nunha imaxinaria época na que estes animais non se extinguiran e convivían cos humanos.
A outra cita da fin de semana será mañá na piscina municipal a partir das catro da tarde. A Festa da auga é do máis esperado do verán polos cativos de Frades. Como tódolos anos haberá inchables acuáticos, tobogáns de auga, festa da escuma e un montón de sorpresas que prometen unha tarde que os pequenos non esqueceran. A Festa da Auga é unha actividade de balde.
