Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Entroido de Frades 2025

entroido frades 2025 slide

Bisbarra, 18 de febreiro do 2025 – O Concello de Frades abre o prazo para inscribirse no seu tradicional concurso de disfraces de Entroido, que se celebrará o domingo 2 de marzo no pavillón municipal de Ponte Carreira, a partir das 17:00 horas.

A participación está aberta a persoas de todas as idades e as inscricións poden realizarse ata o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Concello, tanto de xeito presencial como telemático. Repartiranse un total de 1.205 euros en premios. As persoas participantes poderán recoller os seus dorsais no propio pavillón de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas.

O concurso de Entroido conta con dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades en cada unha: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes).

Na categoría infantil outorgaranse premios de 60 e 30 euros para os dous mellores disfraces individuais, e de 10, 60 e 30 para os tres mellores grupos. Pola súa banda, na categoría de adultos, a modalidade individual contará con dous premios de 100 e 50 euros, mentres que a de grupo terá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150, e un terceiro de 75.

Como en anos anteriores, tamén haberá premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades de 125, 75 e 50 euros para aqueles que non foran premiados noutra categoría. Ademais, ao longo da tarde, haberá unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, obradoiros para toda a familia, fotomatón e unha chocolatada con rosca.

Post navigation

Previous: O último capítulo de Peleteiro?
Next: O TSXG ponse, cautelarmente, de parte das bestas de Sabucedo

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.