Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Entrevistas

Roberto Rey, alcalde de Frades: “non pode ser que un mozo do rural pague polo transporte para ir a estudar mentres os das vilas viaxan gratis”

As últimas eleccións foron algo agridoces para o alcalde de Frades Roberto Rey. Mantivo a maioría absoluta pero perdendo un concelleiro
Roberto-Rey_alcalde-de-Frades_6140-slide_r

As últimas eleccións foron algo agridoces para o alcalde de Frades Roberto Rey. Mantivo a maioría absoluta pero perdendo un concelleiro, o BNG pasou de 3 a 1 concelleiro e o Psoe, impulsado polos resultados nacionais, pasou de non ter representación a conseguir 3 concelleiros.

Roberto Rey alcalde de FradesRoberto Rey recoñece que se viron sorprendidos pola perda do concelleiro. Non contaban con mellorar resultados no contexto actual pero despois de todo considera que non son malos datos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/01_frades-roberto-rey-alcalde-sorprendido-polos-resultados-24-setembro-2019.mp3

O alcalde móstrase contento do traballo do seu equipo na lexislatura pasada pero non o está cos resultados. A burocracia administrativa, o cambio da lei de contratos entre outras cousas, impediu licitar case medio millón de euros en obras que están agora a piques de comezar

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/02_frades-roberto-rey-alcalde-cntento-do-traballo-de-equipo-24-setembro-2019.mp3

Roberto Rey alcalde de FradesO pasado verán o concello conseguiu rematar unha rede de abastecemento que chega ao 98% da poboación. Para este primeiro ano as melloras nas estradas e en distintas instalacións son algunhas das prioridades

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/03_frades-roberto-rey-alcalde-prioridades-este-ano-24-setembro-2019.mp3

O novo plan de transporte metropolitano contempla a unión das liñas Santiago Ordes Coruña co rural por medio de transbordos. Frades leva reclamando catro anos a integración en este transporte e pide que os xoves que se desprazan a estudar aos núcleos máis grandes teñan o mesmo trato que os que viven no rural

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/04_frades-roberto-rey-alcalde-transporte-24-setembro-2019.mp3

“Non entendemos que haxa mozos que non pagan nada e os do rural teñen que facelo incluso para ir ao instituto”

A Xunta ven de conceder, cunha certa polémica, novas licenzas de extracción de cuarzo a ERIMSA. Rey destaca que a decisión final a toma o propietario dos terreos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/05_frades-roberto-rey-alcalde-erimsa-24-setembro-2019.mp3

Por outra banda a oposición na comarca a instalación de muíños de vento é cada vez maior. Frades non está moi afectado pero o alcalde reuniuse coa consellería de industria en varias ocasións sen que polo momento haxa demasiados datos sobre como será a instalación

“é difícil saber que pasará cos eólicos, polo momento cambiaron os plans varias veces, pero imos presentar alegacións”

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/05-bis_frades-roberto-rey-alcalde-eolicos-24-setembro-2019.mp3

Para estes catro anos Roberto Rey ten a vista posta nun proxecto, un novo centro sociocomunitario. Abandonada a idea dun centro de día, xa que os maiores prefiren a atención domiciliaria, este espazo chegaría a toda a poboación e contaría con distintas actividades

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/06_frades-roberto-rey-alcalde-centro-sociocomunitario-24-setembro-2019.mp3

Despois da primeira lexislatura na que se presentaba como alcalde, no 2015, ven de renovar o cargo con maioría absoluta, nun contexto político moi complexo e cunha campaña moi tensa; é unha confirmación de que o traballo realizado foi valorado pola veciñanza.

Ao longo do próximo ano e medio celebraranse dúas eleccións cruciais para concellos como o de Frades, estaremos atentos a ver que sucede e como lles afecta.  

Roberto Rey alcalde de Frades

Post navigation

Previous: Volven os 12 doces de outono a Compostela
Next: Nace Comercio Punto Compostela

Máis novas

frades centro saude ponte carreira 8 setembro 2026 (2)
3 minutes read
  • Frades

Reabre o Centro de Saúde de Ponte Carreira

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

A Deputación financiará obras nos Canedos e O Pazo, en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Melloras de seguridade viaria en Frades

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.