Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades e Xunta de Galicia mellorarán o centro de saúde de Ponte Carreira

Un ivestimento previsto de 150.000 euros que servirán para acondicionar distintas áreas do edificio.

frades xunta melloras ponte carreira 10 marzo 2026

Frades, 10/03/2026 – O alcalde en funcións de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, mantivo unha reunión co xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, José Manuel Facio Villanueva, para organizar a execución das obras de mellora da eficiencia enerxética no centro de saúde de Ponte Carreira.

Ferreiro dixo que “Imos acometer unhas obras que van mellorar de xeito moi considerable as instalacións e as condicións nas que se presta a atencións sanitaria no centro de saúde de Ponte Carreira, o que beneficiará tanto á veciñanza como ao persoal sanitario que aló traballa, e estivemos analizando coa Xerencia a maneira de organizar todo para que a repercusión dos traballos sexa a mínima posible para os veciños e veciñas de Frades”.

O proxecto “Obra de eficiencia enerxética no centro de saúde de Ponte Carreira” conta cun investimento de máis de 150.000 euros e contempla o cambio de toda a arquitectura metálica do centro de saúde de Frades, así como os seus sistemas de calefacción e de iluminación. Unha actuación que se prevé executar antes do inverno de 2026.

Un centro case novo

Por outra banda, o alcalde en funcións de Frades aproveitou a reunión para agradecerlle a José Manuel Facio “a boa disposición da Consellería de Sanidade a asinar un novo convenio de colaboración co Concello de Frades para facer unha sala de emerxencias e pintar o interior do centro de saúde, ben a finais de 2026 ben no primeiro semestre de 2027”.

O alcalde sinala que “se a estas actuacións lle engadimos o cambio da cuberta do centro de saúde, no que investimos 50.000 euros o pasado ano 2025, practicamente quedará un centro de saúde novo para unha mellor atención aos veciños e para que os profesionais que traballan nel poidan gozar dunhas condicións óptimas para desenvolver o seu traballo”, recordando que “no que son as súas competencias municipais en materia sanitaria, o Concello de Frades está cumprindo coa veciñanza”.

Obras realizadas

Durante o 2025, e grazas a outro convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a Consellería de Sanidade, investíronse case 50.000 euros na renovación integral da cuberta do centro de saúde de Ponte Carreira, o que permitiu rematar cos problemas de humidades que afectaban a esta instalación. Así, a antiga cuberta de chapas de aceiro foi substituída por outra de placas de policarbonato translúcidas e paneis sándwich illantes de aceiro.

Deste xeito, o centro mellorou non so o seu illamento térmico, senón que tamén aumentou nun 90% a súa luminosidade. A maiores derrubouse un peto de fábrica de ladrillo que rodeaba o edificio e que foi substituído por canalóns para a recollida das augas pluviais, con baixantes e rebosadeiros, o que evita filtracións da auga da chuvia ao interior das instalacións e incrementa o confort dos pacientes.

Post navigation

Previous: A Deputación mobiliza 150 000 euros para suprimir simboloxía franquista
Next: O 8M lembrou ás mulleres da bisbarra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.