Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades

Frades e Oroso asinarán un convenio para mellorar a estrada Fontelo (Aiazo)-A Igrexa (San Román de Pasarelos)

O viario, de case 2 quilómetros de lonxitude, serve de comunicación entre Frades e Oroso.

Un momento do pleno en Frades

Frades, 01/06/2026 – O Pleno de Frades aprobou por unanimidade a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Oroso para a mellora da estrada que une as localidades de Fontelo, na parroquia de Aiazo (Frades), e A Igrexa, na parroquia de San Román de Pasarelos (Oroso).

Unha inversión de algo máis de 95.000 euros que Frades e Oroso pretenden acometer a través dunha axuda conxunta ao abeiro da orde de Infraestruturas de uso público da Xunta de Galicia.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explicou que “a axuda aínda non está concedida pero dende a Xunta xa nos solicitaron máis documentación”. Así mesmo, puxo en valor este tipo de actuacións conxuntas “como a que fixemos o ano pasado en Castiñeiro Redondo, porque non ten sentido arranxar unha pista ata a metade do traxecto e que a outra metade estea sen arranxar. Esta estrada entre Aiazo e Pasarelos é coñecida pero non é tan usada pola veciñanza porque non está nas mellores condicións”.

Un punto no que incidiu o concelleiro de Obras, Manuel Ferreiro, quen destacou que esta actuación “suporía un investimento de 95.600 euros, dos que o Concello de Frades tería que achegar case 30.000 euros, por 15.000 euros do Concello de Oroso. Isto é así porque a pista ten unha lonxitude de preto de 2 quilómetros pero é máis ancha na parte que lle corresponde a Frades, que é de 985×5 metros, mentres que no tramo de Oroso é de 810×4,5 metros”.

O Pleno Municipal tamén acordou por unanimidade unha modificación de crédito de 19.000 euros para habilitar unha partida orzamentaria para acometer esta actuación se finalmente se consegue a subvención.

Castiñeiro Redondo

En 2025, Frades e Oroso procederon ao arranxo conxunto en aglomerado dunha estrada de 1.350 metros que atravesa a localidade de Castiñeiro Redondo, que comparten Frades e Oroso (pois 915 metros pertencen á parroquia fradense de Moar e os 435 restantes á parroquia orosá de Calvente). Unha estrada cun firme bastante desgastado debido ao abundante tráfico que soporte a diario, tanto rodado como peonil.

Unhas obras licitadas en 54.626 euros e financiadas grazas a un convenio de colaboración asinado entre os Concellos de Frades e Oroso coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, que achegou máis de 47.000 euros.

Post navigation

Previous: O Museo do Pobo Galego actualiza a súa organización
Next: Ames aproba a continuidade do SIMU, servizo de autobús de interese municipal

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.