займ срочно

Novo tractor para o concello de Frades

0

Bisbarra, 14 de decembro do 2022 – O concello e Frades ven de adquirir un novo tractor equipado con pala financiado polo concello e a Deputación da Coruña.

O novo equipamento foi adquirido por medio dun proceso de licitación do que saíu adxudicataria a empresa Maquinaria Agrícola del Noroeste, instalada no propio municipio. O tractor terá un custo total de 93.570, dos que a Deputación financia 74.880 €.

O novo tractor é un John Deere 6130M, cun motor de 4,5 l con 4 cilindros e unha potencia máxima de 144 cv, está especialmente deseñado para o traballo con pala cargadora, unha Metal-Fach T229 de 1.600 kg. Unha nova maquinaria que o Concello de Frades destinará a labores de roza e arranxo dos máis de 600 quilómetros de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal.

Este tractor únese á rozadoira lateral achegada o pasado mes de novembro polo Fondo de Compensación Ambiental aos Concellos de Frades e Ames. Unha rozadoira de sesenta cabalos de potencia e cunha transmisión indirecta para que sexa máis segura á hora de traballar. A Xunta de Galicia investiu 35.700 euros na compra desta maquinaria e para financiar o servizo de protección do medio ambiente e do espazo natural que comparten ambos os dous municipios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies