Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Axenda

Frades retoma os cursos do programa Neneiras parados pola crise do Covid19

Frades e a ONG Mestura colaborarán, por terceiro ano consecutivo, na organización conxunta de catro cursos gratuítos ao abeiro do programa Neneiras.
frades-cursos-gratuitos-slide-22-xunho-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Frades, 22 de xuño do 2020 – O Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por terceiro ano consecutivo, na organización conxunta de catro cursos gratuítos ao abeiro do programa Neneiras.
    • Temática

Frades, 22 de xuño do 2020 – O Concello de Frades e a ONG Mestura colaborarán, por terceiro ano consecutivo, na organización conxunta de catro cursos gratuítos ao abeiro do programa Neneiras.

Neneiras é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade na que participa Frades co obxectivo de promover a integración social das mulleres do rural. Os cursos terán lugar no edificio multiusos durante o mes de xullo, ás 16:30 horas, e a asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello (981 695 567) ou na ONG Mestura (981 661 840).

Temática

O Obradoiro de Organización e o curso de Uso de smartphone e tableta terán lugar un día da semana ao longo do mes de xullo e a primeira semana de agosto, ata completar un total de seis sesións. Así, o Obradoiro de Organización terá lugar todos os mércores, mentres que o curso de Uso de smartphone e tableta (tradicionalmente un dos máis demandados) terá lugar nas tardes dos xoves.

Frades retoma os cursos do programa Neneiras parados pola crise do Covid19Os outros dous cursos constan de catro sesións cada un. Os luns 6, 13 e 20 de xullo terá lugar un obradoiro de Técnicas de relaxación, mentres que os martes 7, 14, 21 e 28 de xullo haberá sesións de bailoterapia. Nos catro cursos, o Concello de Frades e a ONG Mestura ofrecerán un servizo gratuíto de conciliación para facilitar a participación das alumnas.

Estes catro cursos son froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, que conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo.

Trátase de cursos presenciais que foron interrompidos durante o estado de alarma polo Covid-19, tempo durante o cal o Programa Neneiras se impartiu a distancia, ofrecendo apoio psicolóxico, asesoramento xurídico, apoio na realización de trámites por Internet, orientación laboral e información sobre recursos de traballo ás mulleres que o precisaran. Así mesmo, organizaron un curso de coidado da muller coidadora e outro de manipulación de alimentos.

Post navigation

Previous: Compostela presenta unha nova edición de Hortaliza-te xunto a un ciclo de cine ao aire libre e os campamentos de verán.
Next: A Deputación mellorará a seguridade viaria de Bando e Laraño, en Santiago de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.