Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades constrúe un novo parque infantil cuberto na parroquia de Abellá

frades constrúe un novo parque infantil buerto na parroquia de Abellá coa colaboración da Consellería de Infraestructuras.
frades-novo-parque-infantil-slide-18-novembro-2021-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  •  Frades, 18 de novembro do 2021 –  A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o alcalde de Frades, Roberto Rey, comprobaron  os traballos de construción dun novo parque infantil cuberto na parroquia de Abellá.
    • Mellora de espazos de ocio

 Frades, 18 de novembro do 2021 –  A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o alcalde de Frades, Roberto Rey, comprobaron  os traballos de construción dun novo parque infantil cuberto na parroquia de Abellá.

No novo parque infantil de Abellá a Xunta colaborou cunha achega de 40.000 euros, no marco da Orde de Infraestruturas de uso público, sobre un orzamento xeral de 59.767,55 euros.

Natalia Prieto e Roberto Rey estiveron acompañados polos concelleiros de Infancia, Ánxeles Vázquez, e Ensino, Manuel Ferreiro, e por representantes da empresa construtora, Construcciones Cernadas SL. O alcalde de Frades agradeceu a colaboración da directora xeral de Administración Local pois “o pasado mes de decembro puidemos cubrir e ampliar o parque infantil de Ponte Carreira e agora estamos inaugurando un novo parque infantil na parroquia de Abellá, o segundo cuberto do municipio”.

Roberto Rey indicou que “agora, dende o Concello complementaremos esta actuación colocando mobiliario urbano a carón do parque infantil e plantando novas árbores na contorna da praza en colaboración co alumnado do Obradoiro de Emprego”. Este novo parque infantil vén complementar os traballos de humanización desta praza pública acometidos polo Concello de Frades en 2020.

O novo parque Abellá está dirixido a nenos e nenas menores de catorce anos, que terán que estar acompañados dunha persoa adulta no caso dos menores de 3 anos. Conta con dous molles, unha torre/tobogán, unha randeeira múltiple e unha cama elástica cadrada. A superficie do parque dispón dun pavimento de caucho, con deseños en diferentes cores, para garantir a seguridade dos nenos e nenas que utilicen os xogos. O parque conta cun peche perimetral en madeira para seguridade da rapazada e tamén para diferencialo do resto da praza.

Mellora de espazos de ocio

Pola súa banda, Natalia Prieto detallou que con esta actuación se pretende a mellora dos espazos de ocio para a cativada e que conten dun lugar con xogos de calidade e seguro do que poidan desfrutar durante todo o ano pese ás inclemencias meteorolóxicas. A creación de novos parques infantís e a mellora das existentes é unha das actuacións financiadas no marco da Orde de Infraestruturas de uso público, a través da que o Goberno galego colabora tamén coas entidades locais na construción ou melloras nos edificios ou dependencias municipais, na pavimentación de camiños públicos, na posta en marcha e acondicionamento de instalacións deportivas municipais ou na renovación do alumeado público. En definitiva, na creación ou renovación das instalacións ou equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais nos concellos de menos de 30.000 habitantes.

Na convocatoria actual desta liña de axudas, a Xunta investiu 4 millóns de euros para financiar 125 proxectos como o que visitou hoxe a directora xeral de Administración Local. O investimento da Xunta desde 2009 na Orde de Infraestruturas de uso público supera os 40,6 millóns de euros e permitiu executar máis de 1.300 iniciativas dos concellos galegos coas que mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Entre esta liña de axudas e o Fondo de Compensación Ambiental (FCA) co que se financian melloras ambientais nos municipios galegos, a Xunta destinou nos últimos anos máis de 149 millóns de euros a 3.681 proxectos co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza. Ambas ordes supuxeron no concello de Frades case 745.000 euros tanto en melloras ambientais como de infraestruturas.

Por iso, a directora xeral de Administración Local incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e as entidades locais en proxectos que redunden no benestar da cidadanía. Do mesmo xeito, sinalou a necesidade de que os propios concellos cooperen entre eles para ser máis eficientes compartindo servizos ou optando de forma conxunta ás liñas de axudas da Xunta. É o caso de Frades que nos últimos anos foi beneficiario xunto co concello de Mesía de varias axudas do Fondo de Compensación Ambiental para a recuperación, conservación e protección do medio ambiente en ambos municipios.

Na convocatoria deste ano do FCA tamén presentou solicitude conxunta, neste caso con Ordes, para sufragar os gastos de funcionamento do servizo de protección do ambiente e do espazo natural nos dous concellos, que a Xunta apoiou con 35.400 euros, destinados ademais ao reforzo do seu equipamento cun novo vehículo todocamiño híbrido con distintivo ambiental ECO.

Ademais, a Mancomunidade da Comarca de Ordes, da que forma parte Frades con Cerdeda, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, foi galardoada en varias edicións dos Premios Coopera por iniciativas conxuntas para aplicar nesta comarca.

Post navigation

Previous: Concentración ante o Centro de Saúde de Noia pola falta de persoal
Next: Compostela presenta a programación do 25N

Máis novas

roberto rey alcalde de frades 2
2 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Roberto Rey, alcalde de Frades

frades reforma etap 16 setembro 2026
1 minute read
  • Xeral

Frades asina hoxe o proxecto de reforma da ETAP

frades centro saude ponte carreira 8 setembro 2026 (2)
3 minutes read
  • Frades

Reabre o Centro de Saúde de Ponte Carreira

A Deputación financiará obras nos Canedos e O Pazo, en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Melloras de seguridade viaria en Frades

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.