Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades repartirá máis de 1.200 € en premios no Entroido

O Concello de Frades vén de abrir o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 11 de febreiro, ás 17:00 horas.
FRADES-ENTROIDO-2023-(4)-normal-slide-24-febreiro-2023_r

Frades

Bisbarra, 2 de febreiro do 2024 – O Concello de Frades vén de abrir o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 11 de febreiro, ás 17:00 horas.

Frades 2023

A festa terá lugar no pavillón municipal de Ponte Carreira. Un concurso de Entroido aberto a todas as persoas que se anoten no Concello de Frades (981 695 567 e 981 695 663) de forma presencial ou telemática antes das 13:00 horas do venres 9 de febreiro. Non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso.

Frades repartirá un total de 1.205 euros en premios. Os dorsais dos participantes poderán recollerse no propio pavillón polideportivo de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas. O concurso mantén as dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes).

O Entroido de Frades terá premios de 300, 150 euros e 75 euros para os tres mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os tres gañadores do concurso de grupos levarán 100, 60 e 30 euros, respectivamente; mentres que os vencedores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros. Os premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades, sempre que non foran premiados noutra categoría, serán de 125, 75 e 50 euros.

Festa e conciliación

Durante toda a tarde do domingo 11 de febreiro, o pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá tamén unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, fotomatón e unha gran chocolatada. A entrada é totalmente libre e de balde.

Así mesmo, o Concello de Frades organiza dúas xornadas especiais de Entroido para facilitar a conciliación familiar no municipio: o luns 12 e o mércores 14 de febreiro (xa que o martes é festivo). Dúas actividades que terán lugar no centro sociocomunitario de Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas, e que terán un prezo de 5 euros por día, con descontos do 20% no segundo irmán/irmá e do 50% para familias numerosas.

O luns 12 terá lugar un obradoiro de máscaras e unha ximkana de Entroido, mentres que o mércores 14 haberá un obradoiro de maquillaxe e o xogo “A busca do tesouro”. En ambos os dous casos a media mañá haberá unha parada para a correspondente merenda. As inscricións están abertas ata o mércores 7 de febreiro, con preferencia para crianzas empadroadas en Frades ou escolarizadas no CPI Ponte Carreira. As anotacións faranse no Concello (981 695 567) ou a través da sede electrónica municipal.

Post navigation

Previous: Lousame prepara a súa Festa de Entroido
Next: De Vacas serán as pregoeiras do Entroido en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.