Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Frades
  • Xeral

Frades abre a inscrición no concurso de disfraces de Entroido

O 19 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces do concello de Frades que se desenvolverá no pavillón municipal de Ponte Carreira.
frades-entroido-slide-14-febreiro-2020_r

Bisbarra, 24 de xaneiro do 2023 – O 19 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces do concello de Frades que se desenvolverá no pavillón municipal de Ponte Carreira.

A cita será as cinco da tarde. O concurso de disfraces está aberto a todos cantos se anoten no Concello de Frades ou nos teléfonos 981 695 567 e 981 695 663 antes das 14:00 horas do venres 17 de febreiro, xa que non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso.

Despois de dous anos de ausencia, por mor da pandemia, Frades incrementará este ano a cantidade destinada a premios ao engadir un máis nas categorías de grupo infantil e grupo de adultos. O Concello repartirá un total de 1.205 euros en premios. Os dorsais dos participantes poderán recollerse no propio pavillón polideportivo de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas.

Premios

O concurso de disfraces mantén as dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes). Haberá premios de 300, 150 euros e 75 euros para os tres mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os tres gañadores do concurso de grupos levarán 100, 60 e 30 euros, respectivamente; mentres que os vencedores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros.

Os premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades, sempre que non foran premiados noutra categoría, serán de 125, 75 e 50 euros. Durante toda a tarde, o pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá tamén unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, fotomatón e unha gran chocolatada.

Post navigation

Previous: A Deputación da Coruña motor dos coworking da bisbarra
Next: Brión licita o mantemento de beirarrúas, parques e espazos públicos

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.