Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades impulsa a comunidade enerxética “Frades Enerxía”

Frades da un paso adiante no camiño da sostenibilidade e crea a comunidade enerxética “Frades enerxía”.
frades-enerxia-slide-14-novembro-2023_r

Bisbarra, 14 de novembro do 2023 – O concello de Frades da un paso adiante no camiño da sostenibilidade e crea a comunidade enerxética “Frades enerxía”.

Unha comunidade enerxética é un grupo de persoas, fogares ou empresas que se unen para xerar, consumir e, nalgúns casos, compartir enerxías renovables. Esta enerxía xérase a partir de fontes limpas e sostibles, como paneis solares. Ao compartir a enerxía xerada, os participantes poden reducir as súas facturas de electricidade e diminuír a súa dependencia de fontes de enerxía non renovables.

A comunidade enerxética “Frades Enerxía” representa un fito na procura do Concello por proporcionar un maior benestar e calidade á veciñanza. Por outra banda  promove a sostenibilidade e a redución da factura da luz. O Concello xogou un papel fundamental como impulsor e catalizador desta iniciativa, traballando na busca dunha solución que beneficie á comunidade no seu conxunto.

A iniciativa será presentada á veciñanza o vindeiro luns 27 de novembro, ás 16:00 horas, no centro sociocomunitario de Ponte Carreira. O evento ofrecerá unha visión xeral de “Frades Enerxía” e destacará como a poboación pode beneficiarse desta oportunidade.

Esta comunidade enerxética permitirá á veciñanza unirse para xerar e compartir enerxías renovables, o que reducirá significativamente os seus custos de enerxía e contribuirá a un maior coidado do medio ambiente.

“Frades enerxía” representa unha oportunidade única para que os cidadáns de Frades se unan nun esforzo comunitario para facer que a enerxía limpa sexa accesible e alcanzable. Ao participar nesta comunidade enerxética, os veciños contribuirán ao desenvolvemento sostible do concello e experimentarán unha diminución notábel nos seus custos de enerxía.

“Frades enerxía” é un paso cara a un futuro máis sostible e económico para Frades e os seus cidadáns. O Concello de Frades lidera esta iniciativa e espera contar coa participación activa da comunidade. Este proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Post navigation

Previous: Teo comeza a mellora do campo municipal de Calo
Next: Santiago proxectado, a Compostela que puído ser

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.