Bisbarra, 13 de novembro do 2024 – Frades pon a saúde nun primeiro plano cunha serie de charlas ás que agora chega unha que ten como temática a “Introdución ao Ictus”.
Estas xornadas gratuítas están rexistrando unha moi boa aceptación da veciñanza tal e como explica o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, quen sinala que “o interese que están espertando estas xornadas, nas que se debate sobre nutrición, actividade física, saúde mental ou agora Ictus, fixo que tiveramos que dobrar a oferta formativa e organizar unha segunda sesión no local social de Abellá”.
A dedicada á nutrición e saúde, celebrada o paseo mes de setembro, volverá acontecer o día 22 de novembro, coa charla “Introdución ao Ictus”. Esta xornada terá lugar a partir das 17:00 horas no local social do Vedral (Abellá) e será impartida pola neurofisioterapeuta Noelia Gómez Regueira, de NeuroLar Ordes, quen explicará os tipos de ictus existentes, cales son os factores de risco, os sinais de alerta e como facer para previlos ou tratalos.
As inscricións están abertas no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567. Estas xornadas están organizadas polo Concello de Frades en colaboración coa Deputación da Coruña.