Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades
  • Xeral

Os carteiros reais chegan ao Nadal de Frades

As visitas do Carteiro Real e de Papá Noel abren a programación de Nadal 2025-2026 no Concello de Frades

frades visitas carteiros reais 18 decembro 2025 (1)

As tradicionais visitas do Carteiro Real ao CPI de Ponte Carreira e de Papá Noel ás Casas Niño e ás Casas do Maior abriron a programación de Nadal 2025-2026 do Concello de Frades.

O programa de Nadal presenta unha gran novidade: a organización dun Concurso de Decoración de Nadal aberto a todas as vivendas e negocios do municipio. Os veciños e veciñas que desexen participar deberán presentar as súas propostas entre o 24 e o 31 de decembro, ben enviando un vídeo ben remitindo 4 fotografías da decoración exterior da vivenda ou negocio ao mail biblioteca.municipal@frades.gal. Entre os participantes entregaranse cestas de produtos de Nadal.

A programación de Nadal abriuse coa visita do Carteiro Real ao alumnado de Infantil e Primaria do CPI de Ponte Carreira, onde recolleu as súas cartas para os Reis Magos e repartiu lambonadas.

Unha visita na que estivo acompañado polos concelleiros de Ensino, Manuel Ferreiro, e Cultura, Juan Carlos Portos. A súa “competencia”, Papá Noel e o seu elfo, percorreron onte martes as casas niño e casas do maior de Frades, recollendo as súas cartas e repartindo lambonadas.

A programación de Nadal en Frades

A maiores, o Concello de Frades organiza unha gran Festa de Nadal o vindeiro luns 22 de decembro, ás 16:30 horas, no multiúsos. A festa inclúe o espectáculo “Saabor de Nadal”, con Fran Rei e Félix Rodríguez; ao que seguirán unha serie de obradoiros de Nadal para a rapazada e que rematará coa visita de Papá Noel. Trátase dunha actividade gratuíta, na que é preciso anotarse no Concello (981 695 567) antes do 19 de decembro.

Ese mesmo día 22 de decembro darán comezo os Campamentos Municipais de Nadal, unha iniciativa de conciliación familiar que se desenvolverá ata o 7 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, terá lugar no centro sociocomunitario de Ponte Carreira, onde haberá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas de Nadal. O prezo é de 10 euros, oito no caso do segundo irmá/irmán e cun desconto do 50% para familias numerosas.

O domingo 28 de decembro, ás 19:00 horas, ese mesmo centro sociocomunitario acollerá outra das novidades desta edición: a Festa Pre Fin de Ano. Unha tarde de baile con dúo musical en directo, festa precampanadas e chocolatada de balde.

O martes 30 de decembro terá lugar a tradicional excursión a Xuvenlugo, con saída ás 15:00 horas da Casa do Concello. O prezo é de 10 euros e inclúe visita ao parque de ocio infantil e xuvenil con ludotecas, inchables, touro mecánico, obradoiros, xogos xigantes, minigolf, atraccións, rocódromo, pistas de slot… Inscricións no Concello ata o 24 de decembro.

Cabalgata de Reis

Finalmente, a programación de Nadal do Concello de Frades pecharase o luns 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata e Festa de Reis. Ás 16:00 horas, sairá a cabalgata polas rúas de Ponte Carreira con destino ao polideportivo municipal, onde a partir das 17:00 horas terá lugar unha gran Festa de Reis con: recepción das Súas Maxestades, inchables, animación, baile, xogos, obradoiros, mascotas, reparto de lambonadas e chocolate con rosca para todas as persoas asistentes. Actividade de balde na que non é preciso anotarse previamente.

Post navigation

Previous: Pompas e monicreques no “Escena pequena” de Boqueixón
Next: O Mercado da Estrela non falta no Nadal de Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.