Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

En Frades a prevención viaxa en bus

frades autobus mamografia slide 28 xaneiro 2025

Bisbarra, 28 de xaneiro do 2025 – A conexión do rural cos servizos máis necesarios é preciso que se converta nunha prioridade, en Frades a prevención das enfermidades é un de eses servizos.

Imaxe; National Cancer Institute, Public domain, via Wikimedia Commons

Desde hoxe o Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama un servizo de transporte gratuíto para todas aquelas veciñas que teñan cita na Unidade de Exploración Mamográfica situada no Hospital Xil Casares de Santiago de Compostela.

Un servizo de ida e volta a Frades que terá lugar os días 28, 29, 30 e 31 de xaneiro e o 3, 4, 5 e 6 de febreiro con dúas paradas cada día en:

Abellá (diante do Bar Novo) ás 7:30 e ás 11:30 horas.

Papucín (diante da Igrexa) ás 7:40 e ás 11:40 horas.

Vitre (no cruce xeral) ás 7:45 e ás 11:45 horas.

Campoduro, Céltigos (no cruce da N-634) ás 7:50 e ás 11:50 horas.

Ponte Carreira (campo da feira) ás 7:55 e ás 11:55 horas.

As citas de mamografía xa foron enviadas por SMS ao teléfono móbil que a usuaria puxera como teléfono de subscrición na súa tarxeta sanitaria. Nese SMS recibirán un link co horario e paradas indicadas. De non ter incluído este teléfono, a cita terá chegado por correo postal ao domicilio, xunto a unha folla informativa do servizo de transporte.

Como novidade, aquelas veciñas que desexen modificar a súa cita poderán facelo a través da aplicación SergasMovil. Un cambio que deberá realizarse sempre ANTES da cita, xa que non poderá anularse ou cambiar a cita se a data xa está pasada. Aquelas citas que sexan cambiadas a datas posteriores ao 6 de febreiro xa non terán opción ao servizo gratuíto de autobús, polo que terán que desprazarse a Santiago pola súa conta.

Tamén en taxi

Frades lembra tamén que ten en marcha dende o ano 2022 un servizo de bono-taxi, que permite desprazar gratuitamente a veciños e veciñas de Frades a centros sanitarios do Sergas. Un servizo ao que poden acceder persoas que vivan soas, teñan máis de 65 anos ou sexan maiores de idade cunha discapacidade igual ou superior ao 65% e que non dispoñan de vehículo propio (ademais de carecer de ingresos superiores ao 85% do IPREM anual da unidade familiar). Máis información, nos Servizos Sociais municipais.

Post navigation

Previous: Xantar na casa, delivery para vulnerables
Next: Os tractores non terán que sobrevoar Bertamiráns, en Ames

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.