займ срочно

Frades exemplo de boas prácticas no eido social

0

Bisbarra, 7 de outubro do 2022 –Frades participou nunha xornada da Deputación sobre boas prácticas no eido social explicando os distintos programas sociais que desenvolve o concello.

O concelleiro de Sanidade de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, participou como poñente explicando todo o traballo na eliminación de barreiras arquitectónicas. Ademais aproveitou para agradecer o traballo dos servizos técnicos da Deputación e “a valoración do traballo que se está a facer no noso concello”.

Ferreiro, xunto coa técnica de Servizos Sociais de Cerceda, María Viqueira, falaron tamén do banco de axudas técnicas vencelladas ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF). “O obxectivo destas axudas era mellorar o benestar físico, persoal e social destas persoas para que acaden unha maior autonomía persoal, toda vez que coa pandemia sanitaria moitas persoas que se achegaban ao fogar de persoas maiores e dependentes para prestarlles apoios, coidados e compañía, tiveron que deixar de facelo para evitar contaxios”,

Continuidade das axudas

As axudas oscilaban entre os 1.200 e os 4.000 euros e contemplaban dúas liñas de gasto. A primeira era para axudas técnicas e produtos de apoio para a mobilidade (grúas, andadores, cadeiras de rodas…), para hixiene persoal (barras de suxeición, ducha para a cama…), para o descanso (camas articuladas, incorporador, varandas para a cama…) e para a comunicación (audífonos, avisadores sonoros, visuais ou táctiles, intercomunicadores…).

A segunda estaba dirixida á eliminación de barreiras arquitectónicas e adaptación funcional do fogar, sobre todo no cuarto de baño (cambio de bañeira a ducha, asentos abatibles, adecuación dos sanitarios, chan antiescorregadizo…), adaptación de pavimentos, adecuación das portas para permitir o paso de cadeiras, instalación de barras, pasamáns, ramplas…

O concelleiro de Sanidade apuntou que “a pesar da ampliación do servizo de axuda no fogar, o aumento do número de horas que estas persoas pasan soas fai que sexan máis conscientes da necesidade de adaptar os seus fogares ás súas necesidade. Para facilitarlles o seu día a día, decidimos convocar estas axudas para que poidan mellorar a súa autonomía persoal e a accesibilidade dos seus domicilios”.

O Concello de Frades optou por ampliar estes servizos neste ano, coa posta en marcha dun servizo gratuíto de préstamos de axudas técnicas para a mobilidade (dirixido a persoas cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e uns ingresos inferiores ao 150% do IPREM) ou o servizo de bono-taxi, que permite o traslado gratuíto de veciños e veciñas do municipio maiores de 65 anos ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% para poder acudir a citas médicas programadas en centros sanitarios do Sergas dentro da provincia da Coruña.

“Dous servizos que se unen a outros xa existentes como o servizo de axuda no fogar, o de teleasistencia, podoloxía, fisioterapia ou perruquería a domicilio, que xa levan anos en marcha e cunha resposta moi positiva por parte da veciñanza”, concluíu o concelleiro de Sanidade de Frades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies