Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades seleccionado como exemplo provincial de boas prácticas en materia de servizos sociais

frades boas practicas 18 novembro 2025

Frades foi destacado polos servizos complementarios ao Servizo de Axuda no Fogar, entre os que figuran: podoloxía, perruquería, fisioterapia e estimulación cognitiva a domicilio, bono-taxi, préstamo de axudas técnicas, etc.


Os innovadores programas sociais do Concello de Frades volven ser protagonistas dunha xornada organizada pola Deputación da Coruña. Como xa acontecera en outubro de 2022, o Frades foi seleccionado pola Deputación como exemplo de boas prácticas en materia de servizos sociais.

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, e a traballadora social municipal, María Villasenín, participaron no I Encontro Provincial dos Servizos Sociais Comunitarios, organizado pola Deputación da Coruña.

Un encontro que reuniu no Pazo de Mariñán a responsables políticos e técnicos dos 93 concellos da provincia para reforzar a cooperación institucional e compartir boas prácticas en materia de servizos sociais. A exposición inicial correu da man de María Villasenín, quen expuxo a parte técnica dos servizos que se prestan así como a metodoloxía que se sigue en cada un deles.

Dacordo cos datos do ano 2024, o Concello de Frades está a prestar a domicilio os servizos de podoloxía (140 persoas usuarias con 524 servizos ao ano), fisioterapia (33 persoas usuarias con 632 servizos ao ano), perruquería (22 persoas usuarias con 99 servizos ao ano) e estimulación cognitiva (servizo que se estreou ese ano con 8 persoas usuarias e 160 servizos ao ano).

A maiores, o Concello de Frades dispón dun servizo de bono-taxi, para desprazamentos a centros de saúde e citas médicas en Compostela (con sete persoas usuarias e 42 servizos prestados en 2023), e dun sistema de préstamo de axudas técnicas (cadeiras de rodas, muletas…) que beneficiou a seis veciños e veciñas.

Finalmente, a última iniciativa posta en marcha en 2024 (axuda para gastos oftalmolóxicos, odontolóxicos ou auditivos) beneficiou a cinco persoas e supuxo un investimento de 6.530 euros. Unhas iniciativas que o Concello complementa ao longo do ano convocando sesións de balneario, saídas á praia ou ximnasia de mantemento nas parroquias.

Selo de identidade

“En total, 281 veciños e veciñas de Frades que viron mellorada a súa calidade de vida, o seu benestar e a súa autonomía persoal”, resumiu Manuel Ferreiro, quen explicou que “en Frades, os servizos sociais son o noso selo de identidade. Comezamos no 2012 implantando servizos como podoloxía, perruquería e fisioterapia a domicilio e fomos sumando novas iniciativas”.

Manuel Ferreiro agradeceulle á Deputación “a valoración do traballo que se está a facer no noso concello”, sinalando que “o obxectivo destas axudas é mellorar o benestar físico, persoal e social destas persoas para que acaden unha maior autonomía persoal”. Por iso, no 2021 sacouse tamén unha convocatoria única para a eliminación de barreiras arquitectónicas dirixidas a persoas maiores e dependentes.

Manuel Ferreiro e María Villasenín interviron no panel de experiencias municipais incluído no I Encontro Provincial dos Servizos Sociais Comunitarios, que tamén acolleu relatorios a cargo do xerontólogo Jaiver Yanguas, da experta Lourdes Bermejo e da cooperativa galega Nova Works Consulting.

Dende a Deputación da Coruña apuntan que este encontro nace coa vontade de consolidarse como unha cita anual de formación, reflexión e coordinación entre profesionais dos servizos sociais municipais, reforzando o papel do ente provincial como apoio técnico e institucional na promoción do benestar e da calidade de vida da cidadanía.

Post navigation

Previous: Compostela volve a ter un Museo de maxia
Next: Teo amplía o programa de conciliación TeoMadruga

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.