займ срочно

Frades convoca axudas para transporte e material escolar

0

Frades, 22 de marzo do 2022 – O Concello de Frades convoca as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2021-2022.

Estas axudas están destinadas ás familias máis necesitadas do municipio. As bases foron publicadas onte no BOP, polo que desde hoxe martes se abre un período de 15 días hábiles para presentar as correspondentes solicitudes.

A subvención para transporte escolar está dirixida a alumnos e alumnas de Bacharelato ou de Formación Profesional (Grao Medio) e ten unha contía de 200 euros. Pola súa banda, as axudas para a compra de material escolar están dirixidas a alumnos e alumnas de segundo grao de educación infantil (3-5 anos) e ascenden a 70 euros por alumno/a e curso. O Concello de Frades destinará un total de 5.000 euros a estas axudas.

En ambos os dous casos, para poder optar a estas axudas é preciso que a persoa estea empadroada no Concello de Frades, que estea cursando os estudos para os que solicita a axuda, que a súa familia estea ao día no pago das obrigas tributarias co Concello e non teña pendente de xustificación ningunha subvención anterior.

Para presentar as solicitudes, as familias deberán dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello de Frades e achegar a seguinte documentación: copia do DNI de todas as persoas integrantes da unidade familiar, copia do libro de familia, resgardo da matrícula do centro no que está a realizar o curso escolar deste ano e xustificante dos ingresos da unidade familiar en 2018 (declaración da renda, nóminas, pensións, certificado de ser demandante de emprego, etc). Así mesmo, poderanse presentar certificados acreditativos da situación de familia monoparental ou do grao de minusvalía dalgún membro da unidade familiar, se fose o caso.

Para máis información, as familias solicitantes poden dirixirse aos Servizos Sociais Municipais ou chamar ao teléfono 981 695 567.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies