Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades convoca axudas para transporte e para material escolar

Silleda axudas libros e material escolar slide 27 agosto 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Frades, 29 de marzo do 2018 – O Concello de Frades convoca as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2017-2018 e dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio.
  • Documentación

Frades, 29 de marzo do 2018 – O Concello de Frades convoca as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2017-2018 e dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio.

As solicitudes para estas axudas poden entregarse ata o vindeiro 19 de abril. O Concello de Frades destinará 5.000 euros. A subvención para transporte escolar está dirixida a alumnos e alumnas de Bacharelato ou de Formación Profesional (Grado Medio) e terá unha contía de 70 euros; mentres que as axudas para a compra de material escolar están dirixidas a alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria e ascenderán a 150 euros por alumno/a e curso. En ambos casos, para poder optar a estas axudas é preciso que a persoa estea empadroada no Concello de Frades, que estea cursando os estudos para os que solicita a axuda, que a súa familia estea ao día no pago das obrigas tributarias co Concello e non teña pendente de xustificación ningunha subvención anterior.

Documentación

Para presentar as solicitudes, as familias deberán dirixirse aos Servizos Sociais Municipais e achegar a seguinte documentación: copia do DNI de todas as persoas integrantes da unidade familiar, copia do libro de familia, resgardo da matrícula do centro no que está a realizar o curso escolar deste ano e xustificante dos ingresos da unidade familiar en 2015 (declaración da renda, nóminas, pensións, certificado de ser demandante de emprego, etc). Así mesmo, poderanse presentar certificados acreditativos da situación de familia monoparental ou do grao de minusvalía dalgún membro da unidade familiar, se fose o caso.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de abril e as subvencións unicamente serán concedidas as familias cos ingresos per cápita máis baixos. Para máis información, os solicitantes poden dirixirse aos Servizos Sociais Municipais ou chamar ao teléfono 981 695 567.

Post navigation

Previous: O experto en trad ibérico e sefardí, Paco Díez,  este venres nas Crechas
Next: Mandingo nos leva de Rusia ao universo Spielberg na crítica de cine semanal

Máis novas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Imaxe da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Un momento do pleno en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso asinarán un convenio para mellorar a estrada Fontelo (Aiazo)-A Igrexa (San Román de Pasarelos)

Unha das estradas arranxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

Imaxes dos accesos construídos en Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

O alcalde asina o acordo para aunirse á rede contra o acoso escolar
2 minutes read
  • Xeral

Frades adhírese á Rede de Concellos contra o Acoso Escolar

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.