Bisbarra, 28 de xullo do 2022 – O concello de Frades ven de aprobar a concesión de 45.215 euros en axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro, aumentando en 9.000 euros a cantidade destina o pasado exercicio.
Son axudas destinadas a asociacións culturais, deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal (Anpa, terceira idade…). Tamén inclúense aquí ás comisións de festas das doce parroquias do municipio.
O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que, principalmente, “as axudas están destinadas a realizar distintas obras nas parroquias por parte das asociacións de veciños, para sufragar parte dos gastos das entidades deportivas e culturais e para axudar as comisións de festas cos gastos derivados da organización da festas patronais”.
O Concello repartirá 39.215 euros entre as asociacións sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro municipal de Entidades ou Agrupacións que desenvolvan as súas actividades en Frades. Pola súa banda, as comisións de festas recibirán unha achega de 6.000 euros.
O importe das axudas, que poderá alcanzar ata o 100% dos gastos, servirán para subvencionar gastos xerais derivados das actividades (transporte, contratación de persoal docente, material inventariable, etc.), obras e melloras de bens inmobles, gastos de funcionamento (cando estean directamente vencellados coa realización da actividade).