Frades, 16/09/2026 – O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto, asinarán hoxe, ás 10:00 horas, o convenio de colaboración para a execución do proxecto “Reforma e mellora da estación de tratamento de auga potable en Frades”.
Os traballos contarán cun investimento de 600.000 euros. A ETAP de Frades está situada en Ponte Carreira, lugar no que se celebrará o acto de sinatura. Esta é unha das principais infrae4struturas do concello xa que o consumo de auga debido ás granxas é superior ao esperable dun concello cono Frades.
Alcalde e conselleira estarán acompañados polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón; representantes de Augas de Galicia; concelleiros/as de Frades e veciños/as do municipio. Tras unha primeira explicación técnica por parte de Roi Fernández Añón, terá lugar a sinatura do convenio de colaboración.

