Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades cede de balde equipos de axuda á mobilidade

O concello de Frades ven de abrir un servizo gratuíto que asesora na tramitación de axudas técnicas no eido da mobilidade.
frades-axudas-tecnicas-slide-11-maio-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Frades, 11 de maio do 2022 – O concello de Frades ven de abrir un servizo gratuíto de axudas técnicas no eido da mobilidade.
    • Requisitos

Frades, 11 de maio do 2022 – O concello de Frades ven de abrir un servizo gratuíto de axudas técnicas no eido da mobilidade.

Trátase dun servizo destinado a persoas cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e uns ingresos inferiores ao 150% do IPREM. Estas persoas poderán acceder a un catálogo inicial de produtos, vinculados á mobilidade, que inclúe: camas articuladas, cadeiras de rodas, andadores e guindastres para levantar ou pousar ás persoas.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “o obxectivo deste novo servizo é mellorar o benestar físico, persoal e social destas persoas que non dispoñen dos recursos económicos necesarios para acadar unha maior autonomía persoal. O que buscamos é facilitarlles un pouco o seu día a día tanto a elas como as persoas coidadoras”.

Un servizo que se une ao de servizo de axuda no fogar, teleasistencia, podoloxía, fisioterapia, bono-taxi ou perruquería a domicilio que xa oferta o concello fradense.

Requisitos

Poderán acceder a este servizo aquelas persoas que padezan de limitacións funcionais graves ou que por motivos temporais teñan reducida a mobilidade (por ter, por exemplo, sufrido un accidente ou unha operación) e precisen de axudas técnicas para mellorar a súa capacidade funcional.

Ademais de estar empadroada en Frades, a persoa non deberá ter acceso á prestación de axudas técnicas por ningún outro medio (como o SAF da Mancomunidade de Ordes) e a súa renda per cápita da unidade familiar non debe superar o 150% do IPREM.

O servizo de préstamo será de 18 meses, salvo casos excepcionais como falecemento ou solicitude de baixa por parte da persoa usuaria, uso indebido da asistencia técnica ou perda dos requisitos de acceso ao servizo. A aprobación do servizo concederase segundo a orde de recepción das solicitudes. O material será achegado por unha empresa especializada de Ordes, que gañou o proceso de licitación.

Roberto Rey indica que “inicialmente, ofrecemos acceso a camas articuladas, cadeiras de rodas e guindastres, se ben estamos abertos a achegar calquera outra axuda técnica que conte con informe favorable dos Servizos Sociais municipais”.

Para solicitar as axudas é preciso presentar fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia de todos os integrantes da familia, certificado de empadroamento (cun mínimo de 6 meses de antigüidade), documentación que acredite o grao de discapacidade/dependencia ou informe médico xustificativo e documentación xustificativa da renda económica da unidade familiar.

En 2021, o Concello de Frades aprobara nestas mesmas datas unhas achegas económicas de 40.000 euros para axudas técnicas e eliminación de barreiras arquitectónicas dirixidas a persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade. Dúas liñas de subvencións para as que o Concello de Frades destinou 40.000 euros.

Post navigation

Previous: Culturactiva estreará en Oroso “Algunhas cousas de Castelao”
Next: O pleno de Negreira aproba uns orzamentos que superan os cinco millóns de euros

Máis novas

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Imaxe da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Un momento do pleno en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso asinarán un convenio para mellorar a estrada Fontelo (Aiazo)-A Igrexa (San Román de Pasarelos)

Unha das estradas arranxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

Imaxes dos accesos construídos en Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

O alcalde asina o acordo para aunirse á rede contra o acoso escolar
2 minutes read
  • Xeral

Frades adhírese á Rede de Concellos contra o Acoso Escolar

Imaxe dunha edición anterior de O fío do tempo
2 minutes read
  • Xeral

Frades pon en marcha “O fío do tempo”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.