Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Un ascensor para mellorar a accesibilidade do Multiúsos de Frades

O concello de Frades instalará un ascensor no centro multiúsos para facilitar a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida.
frades-obras-multiusos-normal-27-dec-2017-(1)_r

Bisbarra, 1 de setembro do 2022 – O concello de Frades instalará un ascensor no centro multiúsos para facilitar a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida.

Interior do multiúsos durante a últiima reforma (imaxe de arquivo)

O Multiúsos situado en Cimadevila, ao carón da casa do concello, recibirá para este fin un investimento de 59.950 euros. O concelleiro de obras, Manuel ferreiro, indica que  “A intención é colocar un ascensor e arranxar os arredores do multiúsos para así mellorar a súa accesibilidade e facilitar o acceso á planta alta de persoas con mobilidade reducida”.

O proxecto atópase na fase de licitación. A proposta é dun elevador eléctrico, que no precise cuarto de máquinas, cunha cabina dun metro de ancho e 1,25 metros de profundidade. Asa dimensións o converten nun ascensor practicable segundo a normativa autonómica e accesible segundo o código técnico da edificación.

Por outra banda, preténdese acondicionar o chan exterior do multiúsos para nivelalo e garantir o acceso ao edifico en condicións accesibles. Para iso, estenderase formigón impreso sobre o pavimento actual. As obras teñen un prazo de execución de catro meses.

Con esta actuación, o Concello de Frades completa o equipamento do edificio multiúsos, onde se xuntan servizos como a biblioteca municipal, a sala de estudos, a aula de informática con 16 ordenadores con conexión a Internet a alta velocidade, unha aula par cursos formativos (con capacidade para entre 15 e 25 persoas), outra aula para actividades con capacidade para ata 100 persoas (e que se pode dividir en dúas salas independentes) e o museo de apeiros de labranza.

Post navigation

Previous: Iniciativas para frear a liña de alta tensión que ameaza o Souto en Compostela
Next: Este sábado comeza o XXI Festival Agustín Magán de Teatro Amador

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.