Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades aproba os orzamentos 2026

As contas do concello de Frades para este ano medran ata os 2,66 millóns de euros e priorizan os investimentos en educación e sanidade

FRADES ORZAMENTOS 9 FEBREIRO 2026

O Pleno de Frades aprobou os Orzamentos para 2026, que ascenden a 2.660.123,16 euros e medran un 6,46% con respecto ao ano 2025 (2.498.641,56 euros). Un presuposto “equilibrado en gastos e ingresos que reflicte os sinais de identidade deste equipo de Goberno: educación e sanidade como prioridades para un concello rural, débeda bancaria cero e pago de facturas ao día” en palabra do alcalde en funcións, Manuel Ferreiro.

Ferreiro é tamén o concelleiro de Economía de Frades e engadiu que “ter unha economía saneada permítenos solicitar todo tipo de axudas e subvencións tanto para sanidade como para educación, nas que o concello ten que achegar unha porcentaxe”.

As contas saíron adiante cos votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as abstencións de PSOE e BNG.

Manuel Ferreiro destacou o forte carácter social destes orzamentos, “non en van Frades foi seleccionado en dúas ocasións pola Deputación da Coruña como exemplo de boas prácticas en servizos sociais”.

Neste sentido indicou que a inversión en bens correntes sitúase en 1.085.000 euros, o que significa que catro de cada dez euros dos orzamentos terán como destino a financiación de servizos como a recollida de lixo, saneamento, abastecemento de auga, alumeado público, mantemento de áreas públicas, roza de estradas, mantemento de camiños municipais, actividades deportivas, culturais e a financiación dos Servizos Sociais de Frades, entre os que se inclúen fisioterapia, podoloxía e perruquería gratuítas a domicilio para as persoas maiores e dependentes.

Ferreiro Marzoa tamén salientou que “son uns orzamentos que buscan ofrecer máis e mellores servizos a unha poboación envellecida, uns servizos nos que Frades é todo un referente a nivel provincial e que no 2024 permitiron que 281 veciños e veciñas viran mellorada a súa calidade de vida, o seu benestar e a súa autonomía persoal”.

Investimentos en obras

Por outra banda, o alcalde en funcións de Frades destacou que o capítulo de investimentos reais ascende este ano a 473.677,76 euros, un 41,6% máis ca en 2025, onde “a maioría dos proxectos son de mellora da seguridade viaria, arranxos de pistas e acondicionamento de accesos a núcleos de poboación, onde mantemos a nosa firme aposta polos arranxos en aglomerado”.

A maiores, Manuel Ferreiro apuntou que “se sumamos os 3 proxectos aprobados no Plan Complementario do POS e temos en conta que estamos a piques de firmar o convenio para a nova ETAP de Ponte Carreira por 622.000 euros, este ano poderemos licitar e executar obras por preto de 2 millóns de euros, sempre que a Deputación acometa a senda Gafoi-Aiazo pola que levamos máis dunha década agardando”.

Non incremento de taxas

Os gastos de persoal medran en 50.000 euros, ata os 651.115 €, xa que inclúen as actualizacións dos salarios establecida para este ano. No que atinxe aos ingresos, o Concello manterá as bonificacións do 95% da cota íntegra do IBI para aqueles veciños e veciñas con inmobles onde se desenvolven exclusivamente actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario.

As previsións de ingresos por taxas municipais é de 325.846 euros, 23.000 euros máis co ano anterior debido principalmente á mellora da eficiencia recadatoria tras actualizar a base de datos. No caso dos impostos directos (IBI, IAE e Vehículos) e indirecto mantéñense practicamente iguais ao ano anterior: 453.695 e 30.000 euros, respectivamente.¡

POS 2026

Finalmente, o Pleno municipal tamén aprobou a proposta da Alcaldía de actuacións a incluír no Plan Único de Concellos 2026, que destina 279.310 euros ao financiamento de gastos correntes e 715.965 euros a obras. Así, os 263.350 euros da Achega Provincial 2026 destinaranse integramente a dous proxectos de obras:

Camiño Casal (Vitre) a Erimsa (Frades), camiño Queirís á DP-3801 (Moar), tubaxe Tarrío (Papucín), cuneta revestida en Auga Santas (Céltigos) e barreira de seguridade en Bouzamonte (Añá): 69.919,66 euros.

Camiño Currás ao Sibio (Gafoi), accesos a Aboi (Céltigos), accesos a Pazo (Abellá), accesos a Marís (Abellá), accesos a Bataneiros-Reboredo (Galegos) e accesos a Currillos (Vitre): 193.430,42 euros.

A maiores aprobouse un Plan Complementario de 2026 con outras tres actuacións:

Camiño DP-3802 (Vista Alegre) á DP-3801 (A Grabanxa), por 229.810,15 euros.

Accesos a San Martiño (Frades), por 93.933,16 euros.

Camiño do Mesón ás Quintás (Ledoira) e accesos a Tarrío (Papucín), por 128.872,39 euros.

Post navigation

Previous: Arzúa busca converterse no epicentro comarcal do eclipse total de sol de 2026
Next: A Baña repartiu máis de 8.000 Filloas da Pedra

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.