Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Frades aproba un orzamento de máis de dous millóns de euros

O pleno municipal de Frades aprobou, cos 7 votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as 4 abstencións de PSOE e BNG, o orzamento de este ano, que ascenden a 2.135.721,06 euros.
frades-aprobacion-orzamentos-slide-20-xaneiro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Frades, 20 de xaneiro do 2020 – O pleno municipal de Frades aprobou, cos 7 votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as 4 abstencións de PSOE e BNG, o orzamento de este ano, que ascenden a 2.135.721,06 euros.
    • Baixada do gasto enerxético

Frades, 20 de xaneiro do 2020 – O pleno municipal de Frades aprobou, cos 7 votos a favor do Grupo de Goberno do PP e as 4 abstencións de PSOE e BNG, o orzamento de este ano, que ascenden a 2.135.721,06 euros.

Según o alcalde, Roberto Rey, este orzamento  “garante a eficacia na xestión, o equilibro de contas, o pago a provedores e incrementa a inversión en servizos sociais a través das achegas á Mancomunidade de Ordes”.

O rexedor explica que as contas “buscan a eficacia e a eficiencia do sistema municipal, co obxectivo de ser unha entidade solvente e ben xestionada que lle ofreza os mellores servizos aos seus veciños e veciñas”. Neste sentido, Rey Martínez apuntou que os Orzamentos de 2020  “aumentan o investimento tanto en obras e infraestruturas como en servizos sociais, mantendo o nivel de endebedamento bancario cero e a máxima celeridade no pago a provedores”.

Pleno orzamento 2020 en FradesOs orzamentos do Concello de Frades supoñen un 8,56% menos con respecto a 2019. Roberto Rey explicou que esta minoración débese principalmente á data na que foron aprobadas as contas o ano pasado “en 2019, o presuposto aprobouse en pleno a finais de abril, cando xa sabiamos que o POS Adicional sería de máis de 180.000 euros e o incluímos. Este ano estamos en xaneiro e aínda non o sabemos, polo que non o podemos incluír, pero se se mantén ou se incrementa, ao final os orzamentos de 2020 serían maiores cos de 2019”.

Baixada do gasto enerxético

Rey Martínez desglosou as distintas partidas orzamentarias, como a redución dun 8,36% na partida de gastos de persoal, fundamentalmente pola redución da produtividade polo posto de Tesourería e a redución do complemento de destino da anterior secretaria do nivel 30 ao 26. Porén, o alcalde indicou que “non está recollida a suba dos soldos aos traballadores mentres non haxa orzamentos do Estado, polo que xa temos previsto que haberá que facer unha modificación das contas”.

A partida de gasto corrente ascende a 904.691, un 7,43% menos ca en 2019 “pola instalación de alumeado LED e a aplicación de medidas de aforro enerxético, que fan que baixe o gasto en enerxía eléctrica”, explicou Rey Martínez. Neste sentido, o alcalde lembrou que están aprobados outros dous proxectos de aforro enerxético, cun investimento de máis de 200.000 euros, que permitirán cambiar un terzo do alumeado público municipal: 280 puntos de luz de lámpadas de vapor de sodio alta presión e vapor de mercurio nas parroquias de Abellá, Frades, Gafoi, Mesos, Moar, Papucín e Vitre que serán substituídas por luminarias LED de última xeración que permitirán un aforro do 85% na factura eléctrica. Precisamente, para facer fronte a este investimento, antes da votación dos orzamentos o Pleno tivo que aprobar unha modificación do Ditame da Comisión de Contas, que foi apoiada por unanimidade.

O alcalde chamou a atención sobre os “270.000 euros que o Concello de Frades achega á Mancomunidade de Ordes para a xestión dos servizos sociais de forma mancomunada”. Neste sentido, salientou o incremento do número de horas á dependencia, que ascende a 15.900 horas (case setecentas máis ca o ano anterior), e no servizo de axuda no fogar para non dependentes. Así mesmo, lamentou o cambio de bases na convocatoria de axudas da Rede Cultural da Deputación, “que nos pon aos concellos pequenos un límite de 10.000 euros en subvencións, cando tradicionalmente pediamos case o dobre”, explicou Rey Martínez, quen se queixou de que “esta medida so beneficia aos concellos grandes”. Unha crítica que foi compartida polos grupos da oposición.

No que atinxe ao Capítulo 6 (Investimentos Reais) están consignados 619.929,58 euros, o que representa o 29,3% do total do Orzamento. Un capítulo no que se recollen as achegas municipais ás subvencións que se repiten todos os anos da Xunta de Galicia, do Fondo de Compensación Ambiental así como ás obras de mellora dos pavillóns municipais de Ponte Carreira e Abellá. Tamén se recollen 49.118 euros para obras de acceso aos núcleos de poboación, 42.791 euros para os accesos á Igrexa de Ledoira e a San Martiño así como 203.216 euros para o arranxo do camiño entre a AC-524 en Abellá e Vilar de Arriba (Frades) e dende San Mauro a Cachada, unha das principais estradas do municipio.

No que atinxe aos ingresos, está prevista unha baixada do 2,97% na recadación de impostos (381.000 euros), do 1,82% en impostos indirectos (54.000 euros) e dos ingresos por taxas e prezos públicos (265.754 euros). Os dous grupos da oposición agradeceron a transparencia e as detalladas explicacións sobre o orzamento.

Post navigation

Previous: Vendo, compro, cambio, unha mostra fotográfica que fala da posguerra
Next: Preocupación pola nova Lei de avaliación ambiental na semana que chegan aos xulgados os desbordamentos da mina de Touro

Máis novas

roberto rey alcalde de frades 2
2 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Roberto Rey, alcalde de Frades

frades reforma etap 16 setembro 2026
1 minute read
  • Xeral

Frades asina hoxe o proxecto de reforma da ETAP

frades centro saude ponte carreira 8 setembro 2026 (2)
3 minutes read
  • Frades

Reabre o Centro de Saúde de Ponte Carreira

A Deputación financiará obras nos Canedos e O Pazo, en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Melloras de seguridade viaria en Frades

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.