Frades, 21 de maio do 2021 – Frades apraza a festas dos Nosos Maiores, prevista para o 29 de maio, pola situación de pandemia que impide as reunións de grandes grupos de xente.
Frades informa tamén de que , no caso de que as circunstancias sanitarias permitan a súa celebración no que queda de ano 2021 respectando todas as medidas de seguridade que estean vixentes nese momento, o Concello faría chegar unha nova convocatoria a todas e cada unha das persoas participantes.

A Festa dos Nosos Maiores é unha homenaxe que o Concello de Frades fai, o derradeiro sábado de cada mes de maio, aos veciños e veciñas de máis de 65 anos no municipio e que na súa última edición (2019) reuniu a máis de 550 persoas na carballeira de San Nicolao. Celébrase dende o ano 1998 e ata hoxe só fora suspendida nunha ocasión: no ano 2020 como consecuencia do confinamento pola pandemia da Covid-19.
Dende o Concello de Frades faise un chamamento á veciñanza para que continúe cumprindo con todas as normas sanitarias que trasladan as administracións competentes e lembra que, pesa a que gran parte da poboación xa está vacinada, o virus continúa presente. Así mesmo, o Concello agradece o bo comportamento dos veciños e veciñas do municipio, o que permite que levemos varias semanas sen que aparezan novos casos positivos.

