Frades, 22 de abril do 2022 – O concello de Frades presenta alegación0s ao parque eólico de Brancellao por non ser compatible nin co planeamento nin co medio socioeconómico e produtivo do municipio.
O espazo no que se situaría o Brancellao incumpre a normativa autonómica. O aeroxerador número 25 siitúase a menos de cincocentos metros do Castro de Aboi, da rede Natura e do núcleo de Aboi
Brancellao fora das áreas previstas
O parque eólico Brancellao de 13 MW afecta aos concellos de Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes e Carral. O primeiro argumento aportado polo concello de Frades na alegación ten que ver coa situación xeral do parque, fora das áreas incluídas no Plan Sectorial Eólico de Galicia.
O alcalde do concello, Roberto rey, explica que “Neste caso, a totalidade dos aeroxeradores se atopan fóra das delimitacións máis próximas das áreas de desenvolvemento eólico e algún deles afecta a terreos incluídos na Rede Natura”. NO caso de Frades o aeroxerado 25, que afecta á parroquia de Vitre, “está dentro da área de influencia de 500 metros do núcleo rural de Aboi, o que non resulta compatible co disposto no plan sectorial vixente”.
Ademais, tamén afecta á área de protección integral do castro de Aboi e está na área de influencia da Igrexa Parroquial de Vitre.
A maiores, os terreos nos que se asenta o aeroxerador que afecta ao termo municipal de Frades foron obxecto de concentración parcelaria polo que “a actuación resulta incompatible cos obxectivos que motivaron a parcelaria e suporá unha diminución da capacidade produtiva destes terreos, o que repercutiría negativamente sobre o medio socioeconómico das parroquias de Céltigos e Vitre”, conclúe o alcalde de Frades.
Enerxías renovables
A alegación do Concello de Frades súmase ao informe desfavorable emitido polo Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética da Xunta de Galicia en marzo deste ano. Ambos os dous documentos coinciden en sinalar que “o proxecto do parque eólico Brancellao de 140 MW promovido por Enel Green Power España SL posto que, excepto a posición 14, o resto das mesmas e parte da poligonal incumpren as disposicións establecidas no Plan Sectorial Eólico de Galicia e a Lei 8/2009 do 22 de decembro pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Ademais, a poligonal do parque invade a Rede Natura 2000”.
O Concello de Frades mantén a súa oposición á instalación de parques eólicos no municipio, formalizada en 2019 canda o resto de alcaldes da Mancomunidade de Ordes. Unha oposición reiterada no pasado mes de marzo nun escrito asinado, en contra dos parques de Caiño e Brancellao, polos alcaldes de Abegondo, Aranga, Boimorto, Curtis, Oza-Cesuras, Mesía, Sobrado e Vilasantar.
Frades non é contrario á necesaria implantación de enerxías renovables, sempre que sexa dun xeito ordenado e programado, en terreos idóneos para iso e onde gocen dunha ampla aceptación veciñal.