займ срочно

Alcaldes: Roberto Rey, Frades

0

Visitamos Frades a poucos meses das eleccións municipais, nun ano no que aínda se anda a voltas con moitos temas de antes da pandemia. O concello conseguiu recuperar o ritmo de traballo e por en marcha outras moitas.

Casa do concello de Frades

Frades segue a ser un concello preocupado polos servizos sociais como o demostra o foro organizado pola Deputación da Coruña  no que ven de participar. Parte do esforzo vai encamiñado a manter eses servizos, como o centro socio comunitario a piques de abrirse, ou as axudas técnicas a domicilio.

Roberto Rey, alcalde de Frades

De todo isto falamos co alcalde, Roberto Rey do Partido Popular. Preguntámoslle polo traballo realizado nos últimos doce meses, tras entrevistalo en outubro do 2021, e en especial polo centro socio comunitario de Ponte Carreira. Trátase dunha obra moi demandada e que parece que a principios de ano pode abrir as súas portas.

O centro foi unha teima do alcalde que optou por un lugar ao que calquera poida acceder no canto dun centro de día que implica unha serie de condicións moito máis restritivas. Ese carácter social ven definindo ao concello desde hai moito e este ano lanzaron unha iniciativa pioneira que permite acceder a axudas técnicas ás persoas máis necesitadas.

Esta necesidade de servizos ten que ver co perfil da poboación, moi envellecida no rural. Unha das esperanzas que apareceron coa pandemia foi a volta de poboación a ese espazo. Roberto Rey recoñece que a volta de moita xente conseguiu manter o número de habitantes pero a natalidade segue preocupando porque non deixa de baixar.

Imaxe de arquivo de Roberto Rey co Conselleiro do Medio Rural, José González

A poboación que chega ao concello demanda comunicacións porque segue traballando nos mesmos sitios. Falamos coa alcalde nun cambio que se produciu nos últimos anos con respecto ás estradas. Pasouse de demandar asfalto a querer tamén sendas polas que camiñar, o concello ven precisamente de pedirlle á deputación unha nova desde Ponte Carreira a Aiazo.

Este ano está sendo tamén o da verdadeira recuperación das festas e a cultura, despois dun 2021 aínda contido. Frades viviu unha edición moi especial este ano da Festa da Merenda pero engadiu á axenda unha cita máis, unha Festa Rural en Ponte Carreira. Roberto Rey explícanos ademais que grazas a unha axuda do AGADIC traballan na recuperación de festas tradicionais como os magostos ou os Cantares de Reis.

Todos os concellos atópanse xa pechando cousas e coa vista posta na seguinte lexislatura. Preguntamos por si queda algún proxecto por saír adiante e Roberto Rey cóntanos que non deixan nunca de presentar peticións ás administracións. Destaca a intención de asinar un convenio coa Xunta de Galicia, en esta lexislatura, para aumentar a capacidade da potabilizadora de Ponte Carreira.

Roberto Rey é de eses alcaldes que aínda que preguntes polo recuncho máis agochado do concello saberá dicir onde está. Coñece a moitos dos veciños e as demandas que teñen e traballa día a día pola fina liña que vai entre o que se lle pide o que fai falta.

Tras uns anos moi duros Frades afronta un remate de lexislatura como moito traballo realizado e, o que pode ser máis importante, con moitos proxectos para o futuro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies