Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela

FOTO-termos, un certame de fotografía sobre terminoloxía galega

A Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Xeografía e Historia da USC impulsa ‘FOTO-termos’, un concurso sobre terminoloxía galega.
usc-foto-termos-slide-16-marzo-2021_r

Compostela, 17 de marzo do 2021 – A Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Facultade de Xeografía e Historia da USC impulsa ‘FOTO-termos’, un concurso sobre terminoloxía galega.

FOTO-termos está aberto a todo o alumnado da USC, co obxectivo de divulgar a terminoloxía en galego das tres titulacións que se imparten do centro e que xiran entorno á Arte, Historia e Xeografía. A CNL lanzará cada día lectivo e ata o 15 de xuño, o reto de achegar fotos para algún dos tres termos que propoña, un por cada titulación. “Se xa resulta novidoso o concepto do concurso, máis rachante é a canle de participación, unha rede social, Twitter”, apuntan dende a organización.

Para participar no certame, cómpre responder aos chíos do perfil da Facultade nesta rede, a través dos cales diariamente publicarán tres termos en galego, achegando fotografías propias ou tiradas de Internet mais coa debida licenza Creative Commons que autorice á súa utilización libre de dereitos para ilustrar eses termos.

As persoas participantes poderán achegar tantas imaxes como queiran a cada un deses chíos, se ben cada resposta debe conter unha única imaxe coa súa breve identificación. Igualmente poderán responder a tantos chíos como prefiran. Asemade, é posible achegar tanto imaxes da súa autoría como imaxes con licenza Creative Commons.

“Deste xeito, ademais de dar a coñecer terminoloxía en galego, estimúlase a creatividade do alumnado”, apuntan dende a organización. “Co conxunto de termos e imaxes poderase crear un banco axustado á terminoloxía en galego que se emprega nos estudos impartidos na Facultade, razón pola cal as imaxes que se acheguen deben ter unha boa calidade; onda non, serán desbotadas e non formarán parte do concurso”, continúan. Concederanse tres galardóns de 200, 150 e 100 euros, en cada unha das modalidades, isto é, fotos propias e fotos de Internet, sempre acompañados de cadanseu diploma acreditativo.

Post navigation

Previous: Frades reclama fibra óptica
Next: Wayne  Marshall e Gershwin  coa Real  Filharmonía de Galicia

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.