Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

O Camiño a Fisterra e Muxía máis alá das fronteiras

ames-convenio-xunta-camino-fisterra-slide-12-outubro-2017-(3)_r

Bisbarra, 13 de decembro do 2024 – Este sábado, 14 de decembro profesionais do turismo e representantes institucionais reuniranse en Negreira na segunda edición do Foro de internacionalización do Camiño a Fisterra e Muxía.

Camiño Fisterra Muxía ao seu paso por Ames

O evento, a celebrar no Auditorio Municipal Afonso Nunes, servirá de espazo de reflexión e diálogo ao redor da sustentabilidade, a innovación, a internacionalización e os valores que enriquecen a experiencia dos peregrinos no Camiño.

A xornada comezará ás 9:00h coa recepción de acreditacións, seguida dunha inauguración institucional ás 9:30 h, que contará coa participación de personalidades como Áurea Domínguez, presidenta da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía e alcaldesa de Fisterra; Xosé Regueira, vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña; Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia; o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis e o deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira.

Premio para José Manuel Pequeño

Ás 10:00 h, farase entrega do galardón “Ti fas Camiño”, primeira edición dun galardón que busca recoñecer aquelas persoas que contribúen ao desenvolvemento e promoción deste itinerario cultural único. O premiado será José Manuel Pequeño, ex alcalde de Dumbría e promotor principal deste camiño e da creación da asociación de concellos.

As mesas redondas xirarán en torno a temas como: Camiño Sostible – Ameazas e retos cara ao 2027, a transformación da comunicación en torno ao camiño a través do Podcast, os servizos e valores complementarios na oferta turística deste territorio, a Promoción e internacionalización Turística do Camiño a través de expertos de Portugal, Irlanda e Reino Unido, unha ponencia sobre a estratexia slowlight para o camiño e unha última mesa sobre ferramentas tecnolóxicas para a internacionalización turística.

Este foro posiciónase como unha plataforma única para intercambiar ideas e establecer conexións entre os actores crave do Camiño de Santiago cara a Fisterra e Muxía, procurando ser un referente para o sector turístico galego.

Hoxe venres é o derradeiro día para inscribirse no foro, algo que se pode facer , ademáis de ver o programa completo, no seguinte enlace https://forms.gle/7g8aH612fJjRnaNF6 .

Post navigation

Previous: Dodro abre o Nadal coa entrega do Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía
Next: A guerra dos eólicos continúa con varias batallas abertas

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.