Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

 IV Foro Académico “Innovar Para Transformar”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela celebrouse o IV Foro Académico “Innovar para Transformar” organizado conxuntamente pola Unión de Estudantes e Investigadores chineses en España, a Embaixada da República Popular China en España, a Asociación dos Chineses en Galicia, a Asociación dos Chineses Universitario en Galicia e Vigo e a Xunta de Galicia.

Esta actividade reuniu a unha centena de investigadores e novos estudantes de China e España, que ao longo das sesións do Foro profundaron no intercambio de ideas sobre diversos temas, como intelixencia artificial, urbanismo, protección do patrimonio cultural e innovación tecnolóxica.

A Cerimonia de Apertura contou coa intervención de José Antonio Constenla (coordinador Académico do Foro), Han Yu (Presidente da Unión de Estudantes e Investigadores  chineses de España e Galicia), Carmen Cotelo (Directora da Axencia Galega de Inmovación), Juan Manuel Vieites (Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia), Antonio López (Reitor da USC) e de Xun Qu (Ministro Conselleiro da Embaixada de China en España).

No seu discurso, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, sinalou que o cambio tecnolóxico expón profundos desafíos ao sistema educativo, eloxiou o importante investimento e os logros de China en educación superior e expresou o seu desexo de profundar a cooperación coas universidades chinesas en investigación científica, formación doutoral e outras  áreas no futuro.

Xun Qu, Ministro Conselleiro da Embaixada de China en España, pronunciou un discurso no que felicitou ao foro por converterse nunha importante plataforma para promover o diálogo entre a mocidade chinesa e española. Como base para mellorar a cooperación bilateral en educación, cultura, ciencia e tecnoloxía.

Tras a apertura empezaron as sesións do Foro que deron comezo coa Conferencia Inaugural do Director do Instituto Confucio da Universidade de Salamanca, o Profesor Jinjing Xu que disertou acerca de “Inscricións en Ósos Oráculo e Historia da Dinastía Shang”.

A continuación celebrouse unha Mesa Redonda que levaba por título “Tecnoloxía e intelixencia artificial: motor do cambio no século XXI”, que contou coa participación de Senén Barro (Ex Reitor da USC e Director do CITIUS), Yuan Gao (The London School of Economics and Political Science) e Miguel Abel (Catedrático de Dereito Penal da USC).

O conselleiro de Educación da Embaixada de China en España,  Yongfeng Hou, ofreceu a Conferencia “Innovación Educativa e Cooperación Global: A Práctica e as Perspectivas da Educación en Innovación e Emprendimiento en China”, na que destacou que China se comprometeu con incorporación da educación  en innovación    e emprendemento no seu sistema de formación de talento para impulsar o desenvolvemento nacional da innovación, o que situou a China entre os líderes do panorama mundial da innovación

Unha Mesa Redonda titulada “Urbanismo intelixente e sustentable: Cara a unha nova vida urbana” permitiu o intercambio de reflexións acerca dos retos e as innovacións da planificación urbana na protección do patrimonio, a gobernanza pública e  a aplicación da tecnoloxía. Contou coa presenza do concelleiro de Santiago de Compostela, José Antonio Constenla e os arquitectos Natalia Alvaredo e Anxo Panero.

Na Sesión “Iniciativas de Innovación”, as institucións do ecosistema de innovación de investigación e empresas galegas: CESGA (Centro Galego de Supercomputación de Galicia), CITIUS (Centro de Tecnoloxías Intelixentes) e a xestora de fondos de investimento Noso Capital, explicaron o seu campo de traballo.

Pola tarde tivo lugar o Foro de Mozos Académicos, onde se presentaron 15 proxectos de investigación seleccionados nas universidades de Vigo, Alcalá, Selecta, Estudos Internacionais de Shanghái (China), Carlos III, Autónoma de Madrid, Ciencias e Enxeñaría de Sichuan (China), Politècnica de Catalunya, Salamanca, Pompeu Fabra e Sevilla.

Os temas abordados incluíron a interpretación médica chinés-occidental, a investigación bibliográfica, as políticas lingüísticas comparativas, a tecnoloxía de condución autónoma, a innovación en moda ecolóxica, a tradución automática, etc.

Post navigation

Previous: Ames acolle a presentación do libro “Cidades e Comunidades sostibles no noroeste ibérico”
Next: Negreira ofrece un Nadal deportivo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.