Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Folk electroacústico con Ethnos Atramo este xoves nas Crechas

crechas-ethnos-atramo-slide-24-abril-2018_r

Compostela, 24 de abril do 2018 – A banda de folk electroacústico Ethnos Atramo ofrece un concerto este xoves 26 de abril na Casa das Crechas as nove da noite presentando o seu segundo disco Sinagoga del agua.

Ethnos Atramo é a persoal viaxe de dous músicos (Pepa G. Lillo e Gabriel Navalón) buscando o equilibrio entre o antigo e o contemporáneo a través da reinvención de ritmos e melodías procedentes do amplo patrimonio musical legado polas xeracións pasadas. Trátase dunha orixinal proposta sonora que se irmanda tradición con vangarda e tece pontes entre os latexos do pasado e do presente, conectando coa imaxinación do ouvinte e convidándoo a deixarse levar polo trasgo dos sons sen tempo nin fronteiras.

Logo do seu debut en 2008, Ethnos Atramo actúa en emblemáticos escenarios de Castela – A Mancha. Despois de máis de tres anos de intenso traballo no estudo Crisol de Utopías (Toledo), este dúo de folk electroacústico presenta en 2013 o seu primeiro rexistro discográfico baixo o título ‘Ethnos Atramo’ que os levou por lugares e eventos de relevancia nacional e internacional, como o Museo Sefardí de Toledo, o Festival Folk Segovia, o Festival Internacional de Poesía Voix Vives, ou o Festival Madrid Folk, entre outros. Doutra banda, a Compañía Ibérica de Danza encarga a ETHNOS ATRAMO en 2014 a composición da banda sonora da súa produción escénica “Maimónides · Unha viaxe sen retorno”, un espectáculo multidisciplinar que axunta danza, teatro, proxeccións 3D e música en directo (inspirada na tradición sefardí, ashkenazí e judeo-yemenita).

Na primavera de 2016 Ethnos Atramo presenta o seu segundo traballo discográfico ‘Sinagoga del auga’, que recolle temas inéditos gravados durante os concertos ofrecidos en Úbeda (Xaén) en outubro 2013 e maio 2014. Alén dos seus discos, a música de Ethnos Atramo estivo sempre moi ligada ao mundo das letras, xa que non só participou no Festival Internacional de Poesía Voix Vives musicando as palabras de relevantes poetas mediterráneos (Liliane Giraudon, Hakim Miloud, Pilar González España, Kristina Mrdja, entre outros) e na última edición do Festival Eñe dirixido por Manuel Rivas (Círculo de Belas Artes de Madrid) como único grupo musical convidado, senón que tamén interveu en numerosos recitais de poesía hebrea (clásica e contemporánea), poesía mística española do s. XVI, poesía castelá contemporánea, etc.

Post navigation

Previous: Javier Ramilo Queijo gaña o II RallyMix Concello de Touro
Next: A Real Filharmonía recibe esta semana a violinista Tasmin Little

Máis novas

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.