Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Lalín
  • Xeral

Foliada da memoria en Moneixas

O vindeiro dous de xullo a carballeira do Souto de Chousa da Porta, en Moneixas, acollerá a Foliada da memoria .
invitacion_foliadadamemoria

Lalín, 27 de xuño do 2022 – O vindeiro dous de xullo a carballeira do Souto de Chousa da Porta, en Moneixas, acollerá a Foliada da memoria con Xurxo Souto como mestre de cerimonias.

Coa Foliada da memoria a Deputación de Pontevedra renderá homenaxe a artistas de música tradicional represaliados polo franquismo logo do golpe do 1936. Participarán Bandaló, Pandereteiras Bouba, Os Dezas de Moneixas, Varacuncas e as Pandereteiras de Botos.

A iniciativa forma parte do programa ‘O Pasado Por Vir’ e no Souto de Chousa da Porta haberá, ademais da musica, actividades para todos os públicos durante todo o día.

O programa comezará ás doce da mañá no Campo da Festa de Moneixas e desde alí sairá unha alborada que percorrerá a parroquia en dirección ao souto onde se celebrará a foliada.

Ás 12.30h farase a primeira das homenaxes, conducida por Xurxo Souto, con presencia de familiares dalgúns dos gaiteiros asasinados e tamén de persoas que investigaron a súa historia como Manu Igrexas, Xerardo Fernández Santomé ou Alberte Pérez.  Porase o foco sobre as vítimas relacionadas coa música tradicional lembrando a gaiteiros asasinados como Constante Moreda, o gaiteiro de Cabral; Manuel del Río Mandayo ou José Gómez Avelaira; e a mulleres humilladas como as irmás cambadesas Pastora e Cándida Cordal obrigadas a tocar a pandeireta e a bailar espidas no verán do 36, para castigar o compromiso do seu irmán Castor, sindicalista asasinado;  á muller de Manuel del Río, Pilar Navieira Golán; á súa irmá Maruja del Río Mandayo e a súa nai, Dolores Mandayo Montero, que gardou para sempre a trenza cortada polos falanxistas.

A continuación, sobre a unha e media da tarde, comezará a sesión vermú coa agrupación de pandereteiras Bouba. Dado que a idea é permanecer todo o día na foliada, haberá polbeiro, venda de churrasco e empanada (con menú económico a disposición das persoas asistentes), rosquilleiras, e churros, entre outros postos.

Haberá tamén unha mostra de creación de instrumentos e traxes tradicionais a cargo da asociación de gaiteiros e gaiteiras galegas; un espazo para crianzas con xogos populares mañá e tarde; obradoiros de canto e baile, conducidos por Enrique Viz e Marta Mouriño respectivamente.

Tamén terá lugar unha sesión de monicreques a cargo da compañía Viravolta Títeres que, como non podía ser doutro xeito nunha foliada da memoria, porá en escena unha obra de Lorca:  ‘A nena que regaba a alfabaca e o príncipe preguntón’, adaptada pola propia compañía. 

Ás sete da tarde celebrarase unha segunda homenaxe a aquelas persoas que recuperaron a tradición e posibilitaron que a semente dos Dezas de Moneixas seguise agromando ata o día de hoxe. Estarán presentes familiares das persoas que integraron a formación orixinal: Dario, Ismael, María e José Benito González López, así como os seus curmáns Manoliño Laureano, Celso e tamén Isaura. E tamén integrantes da que, xa nos anos 40 tomou o relevo: Manolo Troitiño e tamén Alfonso e Mario González Iglesias, fillos de Manoliño. Xunto a eles estaban Julio García e Manuel Lage, cuxas familias estarán presentes. Renderáselle especial homenaxe a agrupación actual, e as crianzas da escola.

Por último o especial fin de festa chegará da man de Bandaló! que fará lembrar as verbenas tradicionais dos anos 30. Todo o programa poderá consultarse a través da páxina web da Deputación. No acto repartirase unha publicación explicativa que recollerá unhas breves liñas sobre as vítimas homenaxeadas.

Haberá autobuses para o traslado de persoas e grupos desde distintos puntos da provincia. A xente interesada debe anotarse no mail do departamento (memoriahistorica@depo.gal) e os percorridos marcaranse tendo en conta lugares dos que nos cheguen máis solicitudes.

Post navigation

Previous: Tempo de piscinas
Next: O Camiño da Ría de Muros Noia unificará a imaxe nas melloras que se fagan na ruta

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.