Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

As folgas no transporte complican a educación

As ANPAS da comarca do Xallas denuncian que o bloqueo do transporte deixa a máis de seiscentos nenos na casa.

anpa xallas trnasporte 19 xaneiro 2026 (2)

O conflito do transporte está complicando a vida da cidadanía. Acudir ao traballo, ao médico o realizar unha xestión lonxe da casa nos días de folga está sendo complicado. O transporte escolar non é unha excepción como denuncian na comarca do Xallas.

As ANPAS dos distintos centros educativos da comarca do Xallas (CEIP Barrié de la Maza, IES Terra de Xallas, CEIP Pepe Xan Baña e CEIP Víctor Sáenz) denuncian o bloqueo sistemático do transporte escolar nas últimas xornadas da folga de transporte e exixen o cumprimento dos servizos mínimos.

A pesares de que o transporte escolar foi establecido coma servizo mínimo máis de 600 alumnos e alumnas de Santa Comba “víronse privados durante varias xornadas do seu dereito ao transporte debido á presenza de piquetes que impediron as saídas dos autobuses que cobren as distintas rutas escolares”.

As familias indican que “Entendemos as reivindicacións do sector, pero non é aceptable que os nosos fillos e fillas sexan as vítimas do conflito, cando existen uns servizos mínimos que non se están a respectar”.

As ANPAS solicitan a intervención das autoridades e as forzas de seguridade para garantir a libre circulación dos autobuses escolares e o cumprimento dos servizos mínimos, sobre todo de cara as futuras xornadas de folga convocadas para hoxe luns, mañá 20 e o vindeiro 23 de xaneiro.

As ANPAS de Xallas contan ademais a situación caótica que se da cada vez que esto sucede, obrigando a pais e nais a ausentarse de maneira imprevista dos seus postos de traballo para levar ou recoller aos seus fillos e fillas dos centros escolares.

Esta situación afecta especialmente ás familias que non teñen unha rede de apoio

“É un caos de conciliación inasumible para as familias” afirman as representantes das ANPAS “Non descartamos futuras mobilizacións conxuntas no caso de que a situación non se resolva e se siga impedindo o acceso dos menores ao transporte escolar”.

Post navigation

Previous: Touro solicita que se recoñeza á veciñanza como parte interesada no proceso da Mina
Next: Oroso inaugura un campo de fútbol con selo FIFA Quality Pro

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.