Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Folga na recollida de lixo nos 9 concellos para os que traballa a planta de Lousame

Os traballadores de Lousame convocan folga na recollida de lixo para o vindeiro luns día 11 e unha concentración en Noia,.
lousame-manifestacion-traballadores-planta-lixo-slide-17-xunho--2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 8 de outubro do 2021 – Os traballadores da planta de Lousame convocan folga na recollida de lixo para o vindeiro luns día 11 e unha concentración en Noia, 12:00 h., o domingo 10.
    • Debate parlamentar
    •  Demanda dunha proposta de futuro á mancomunidade

Bisbarra, 8 de outubro do 2021 – Os traballadores da planta de Lousame convocan folga na recollida de lixo para o vindeiro luns día 11 e unha concentración en Noia, 12:00 h., o domingo 10.

A planta da Mancomunidade Serra do Barbanza ten, como socios, a Porto do Son, Noia, Lousame, Carnota, Muros e Brión e da servizo ademais a Ames, Pontecesures e Rois. O comité de empresa da planta de reciclaxe de lixo de Lousame compareceu este xoves en rolda de prensa para anunciar estas accións.

Imaxe de arquivo dunha manifestación dos traballadores

O representante da CIG, Paulo Rubido explicou que desde hai ano e medio o comité de empresa presentou un proxecto do que debería ser a planta no futuro tras da finalización do contrato en 2023 e tendo en conta os requirimentos establecidos pola UE en materia de xestión de residuos sólidos urbanos. A proposta foi presentada a todas as forzas políticas e a todos os concellos da mancomunidade.

O  seguimento da proposta permitiu ao comité destapar as graves carencias que poñen en perigo o futuro da planta. Ademais a representación dos traballadpdres detectou outra proposta realizada pola propia empresa FCC á mancomunidade na que se prevía a supresión da quenda de noite en triaxe e unha importante redución do persoal en recollida.

Rubido anunciou na rolda de prensa que “Deste xeito desvirtuaríase o modelo de reciclaxe ao modificar o sistema de selección manual actual, que foi o que permitiu situar a esta planta á cabeza de Europa en recuperación”.

Debate parlamentar

O comité de empresa xa puxo en coñecemento desta situación á oposición no Parlamento de Galiza e a raíz do seu debate parlamentar atopáronse que a Xunta manifestou que a planta era inviable por non adecuarse nin aos criterios definidos pola UE, nin os do Ministerio de Transición Ecolóxica. O explicaba así o deputado popular Rubén Lourenzo Gómez

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/ruben-lourenzo-gomez-deputado-pp-sobre-planta-reciclaxe-lousame-8-outubro-2021.mp3

Na respostas o deputado do BNG Luís Bará contradecía esa versión explicando que a nova lei en tramitación contempla excepcións como a da recollida de lixo que fai a planta de Lousame

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/luisa-bara-deputado-bng-sobre-planta-reciclaxe-lousame-8-outubro-2021.mp3

Pola súa banda Noa Díaz, do partido socialista, lembraba que a planta de Sogama tampouco cumpre  os requisitos para as axudas europeas e acusaba a Xunta de manipular a información que da aos medios

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/noa-diaz-deputada-socialista-sobre-planta-reciclaxe-lousame-8-outubro-2021.mp3

 Demanda dunha proposta de futuro á mancomunidade

O pasado martes, día 5 de outubro, unha representación do comité reuniuse coa directora de Calidade medioambiental da consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galiza. No decurso da xuntanza, a representante da consellaría mantivo a posición da Xunta de desentenderse do futuro da planta, reiterou as afirmacións nas que se asegura que a planta non cumpre cos requisitos nin da consellaría, nin do Ministerio. En todo caso si dixo que se a mancomunidade presenta un proxecto, que o estudarían.

O comité agarda pola xuntanza prevista para hoxe venres co presidente da mancomunidade, o alcalde de Carnota, e reitera que ten que ser a mancomunidade quen elabore unha proposta de futuro e busque financiamento para garantir e mesmo ampliar a actual planta.

Post navigation

Previous: Demandan unha comisión sobre a canteira da Casalonga tras a ruptura do grupo de goberno de Teo
Next: Curtocircuíto pecha a XVIII edición cun éxito de organización

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.