Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa

As Festas do Cendal, do S. XVI, abrirán os Fogos do Apóstolo 2017

Apostolo

Compostela, 22 de xullo do 2017 – Os Fogos do Apóstolo farán este ano un percorrido polas tradicións vinculadas ás celebracións de Santiago, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII.

Así o explicaron o alcalde, Martiño Noriega, e o director creativo do espectáculo, Javier García, nunha rolda de prensa na que deron os detalles do evento máis agardado das festas. Este ano, a montaxe corre a cargo de Acciona Producciones y Deseño, que á súa vez lle encargou a Ricardo Caballer a parte pirotécnica do espectáculo.

O director creativo dos Fogos do Apóstolo explicaba o traballo de documentación que os levou a recrear as Festas do Cendal ademais de dar os datos técnicos do espectáculo

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/07/javier-garcia-dorector-creativo-fogos-do-apostolo-2017.mp3

Características técnicas

O espectáculo proposto por Acciona incorpora proxeccións con efectos tridimensionais, realizadas baixo a técnica do mapping, e con iluminación 360 graos na praza do Obradoiro. Para lograr unha sensación inmersiva, a empresa utilizará dez proxectores de vídeo de 22.000 lúmenes cada un, 32 focos de iluminación, e catro torres de son cunha potencia total de 40.000 watios.
Nos Fogos do 24 de xullo utilizaranse case 440 quilos de pólvora, en máis de 3.000 ordes de disparo.
Repeticións do espectáculo audiovisual
O alcalde explicou que este ano haberá menos carga pirotécnica que o anterior. Por iso, no prego de condicións estableceuse a obriga de repetir o espectáculo audiovisual máis alá da noite do 24. Esas repeticións serán os días 25 e 26, con dous pases en cada unha das xornadas, para garantir que a montaxe chegue a máis xente. Serán ás 22:30 e ás 23:30 horas.

Fogos do 31 de xullo

Acciona tamén se vai encargar dos Fogos do 31 de xullo, cos que se pechará o Apóstolo 2017. Ao tratarse dun espectáculo unicamente pirotécnico, incrementarase sensiblemente a cantidade de pólvora utilizada. Serán 451 quilos, en 4.812 artefactos.

Os Fogos do Apóstolo, financiados polo Consorcio, terán un custo de 217.000 euros, incluíndo as propostas do 24 e do 31 de xullo.

Post navigation

Previous: Cedidos a USC o fondo documental e dous violíns de Andrés Gaos
Next: Galigastro, II Concentración de foodtrucks en Melide ata o próximo martes

Máis novas

Charla sobre o eclipse de agosto, este sábado en Arzúa
2 minutes read
  • Xeral

Os segredos do eclipse solar este sábado en Arzúa

Imaxe do cartel que anuncia o concerto de Unto Vello
2 minutes read
  • Xeral

Unto Vello presenta “Inmaterial” en Arzúa

Cartel do obradoiro de iniciación ao Haiku que organiza Arzúa
2 minutes read
  • Arzúa

Obradoiro de iniciación ao Haiku

ARZUA ECLIPSE DE SOL_2 9 FEBREIRO 2026
3 minutes read
  • Arzúa

Arzúa busca converterse no epicentro comarcal do eclipse total de sol de 2026

arzua concurso de disfraces 2026
2 minutes read
  • Arzúa

Arzúa adianta parte da programación do Entroido

arzua fervenza das hortas 16 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • Arzúa

Arzúa estrea área de descanso na Fervenza das Hortas

arzua programacion de Nadal 5 de decembro do 2025
3 minutes read
  • Arzúa

Programación de Nadal no concello de Arzúa

arzua camino frances 7 novembro 2025
2 minutes read
  • Arzúa

Arzúa asume a presidencia da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.