Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán abriu o FalaRedes 2022

O Falaredes 2022, programa de dinamización da lingua galega, comezou hai uns días cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
falaredes-homenaxe-florencio-delgado-gurriaran-slide-27-abril-2022-(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 29 de abril do 2022 – O Falaredes 2022, programa de dinamización da lingua galega, comezou hai uns días cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
    • Máis actividades para toda a familia

Bisbarra, 29 de abril do 2022 – O Falaredes 2022, programa de dinamización da lingua galega, comezou hai uns días cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi o encargado de presentar o programa do FalaRedes 2022. García destacou a vinculación que este ano garda co homenaxeado no Día das Letras galegas, Florencio Delgado Gurriarán, “pois a primeira actividade do programa está dedicada a dar a coñecer a súa traxectoria e a súa obra dunha maneira próxima e amena”.

O secretario xeral destacou esa proximidade do FalaRedes xa que “non podemos esquecer que un dos obxectivos principais deste programa de dinamización lingüística é reforzar a oferta de ocio no noso idioma”.

Na presentación estivo acompañado por Inacio Vilariño, actor da peza Tras os vieirios de Florencio, que participou na presentación caracterizado como Delgado Gurriarán. Tamén estiveron o músico Xabier Díaz, Francisco Castro, director xeral de Galaxia; Gustavo Adolfo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares; Nacho Fungueiriño, representante de Culturactiva; Federico Welicki e Verónica Santalices, do grupo musical O Viravai; Estívaliz Veiga, da compañía teatral O Reflexo; Gustavo del Río, dos Náufragos Teatro; o músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro.

Máis actividades para toda a familia

En total, FalaRedes desenvolverá máis de 40 sesións de 8 actividades variadas. A edición ábrese cunha peza teatral da compañía Fantoches Baj, Tras os vieiros de Florencio, que amosa a traxectoria, a obra e mais a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Xabier Díaz formará tamén parte deste programa coa proposta musical Levantarse e caer. Arrolos e abrentes, o novo disco do artista dedicado aos pais e nais que optan por transmitirlles a linga galega aos seus fillos e fillas.

A compañía de teatro Os Náufragos levará aos escenarios a súa obra Karelu, de Ismael G. Candal e Gustavo del Río, sobre a educación na familia, a violencia, a crise e os valores das sociedades contemporáneas. Seguindo co teatro, o espectáculo (Algunhas) Cousas de Castelao nace da fusión entre o traballo que o actor Fran Rei vén desenvolvendo desde o ano 2017 no Obradoiro de Dramatización e Teatro da asociación Avante, dedicada ás persoas con diversidade funcional, e da súa propia experiencia previa na creación e produción da peza Retrincos de Castelao, de Culturactiva Producións.

Entre maio e xullo, o grupo de música infantil O Viravai representará, baixo xestión de Merlín Comunicación (Galaxia), A miña lingua, a túa lingua. E por primeira vez a ópera chega ó FalaRedes da man dunha obra contemporánea da autoría de Javier Ozores, O reflexo, unha proposta operística e teatral que parte de textos de Emilia Pardo Bazán.

O músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro propoñen unha iniciativa dobre que combina a música e a literatura. Por unha banda, e para celebrar o 20 cabodano do pasamento de Carlos Casares, presentan a velada literario musical Tocata & fuga para Carlos Casares, coa colaboración da Fundación Carlos Casares.

Por outra banda, ofrecen Contos, cantos e pedraviva, que se levará a cabo en espazos patrimoniais significativos. Con estas actividades ábrese a XI edición do FalaRedes, que a partir do verán se verá enriquecida con novas iniciativas emanadas da convocatoria TeCeRedes, destinada a adquirir actividades de dinamización lingüística para a infancia e a mocidade.

Post navigation

Previous: I Festival de teatro escolar de Teo organizado polo IES de Cacheiras
Next: Unidade relativa no ambiente da Casalonga

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.