Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

A Fiscalía abre dilixencias polas autorizacións de vertidos en San Finx

A Fiscalía ven de abrir unha investigación contra Augas de Galicia pola autorización dos vertidos na mina de San Finx en Lousame.
verdegaia-minas-san-finx-slide-4-outubro-2019_r

Bisbarra, 21 de xullo do 2023 – A Fiscalía Provincial de Medio Ambiente da Coruña ven de abrir unha investigación contra funcionarios de Augas de Galicia pola autorización dos vertidos na mina de San Finx en Lousame.

Xunto aos funcionarios, a Fiscalía chama tamén a declarar  á directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. Estas dilixencias xudiciais súmanse ás que se seguen contra Ángel Bernardo Tahoces, ex-director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta, que terá que declarar de novo, no caso da mina de San Finx, acusado de falsidade en documento público.

A directora e os funcionarios de Augas de Galicia declararán en calidade de investigados acusados dun presunto delito de prevaricación na autorización dos vertidos. As dilixencias abríronse a raíz de denuncias realizadas polas confrarías de pescadores de Noia e Portosín así como por Ecoloxistas en Acción.

A denuncia alertaba do xeito irregular no que se concedeu a autorización de verteduras en San Finx e da omisión, por parte de Augas de Galicia, tanto do control e sanción das verteduras xa existentes, como da obriga de cobrar á empresa mineira o canon de control de vertidos, que ascende a máis de 30 millóns de euros.

O decreto da Fiscalía tamén recolle as denuncias por verteduras ilegais que cursaron ante o SEPRONA as confrarías de Noia e Portosín. Neste caso a responsabilidade é da filial da empresa australiana Pivotal Metals e os seus administradores, domiciliados no madrileño municipio de Tres Cantos, e das que dan testemuña as análises realizadas polos axentes da Garda Civil.

Logo de coñecer a noticia, tanto as confrarías como Ecoloxistas en Acción demandaron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á conselleira de infraestruturas e mobilidade, Ethel Vázquez, que a Directora e os funcionarios investigados sexan apartados inmediatamente dos expedientes relativos á mina de San Finx, ante o risco de destrución de probas e o evidente conflito de intereses nos trámites en curso.

Este mesmo mes a Directora de Augas de Galicia acordou conceder unha prórroga á empresa mineira australiana para completar as infraestruturas de vertido, logo de que esta incumprise o condicionante de finalizar as obras en catro meses. Deste xeito, a vertedura de case mil millóns de litros anuais podería comezar a partir do 12 de agosto, inxectando metais pesados á ría de Muros e Noia, onde miles de familias dependen da calidade das augas e dos bancos de marisqueo para o seu sustento.

Post navigation

Previous: Compostela alugará autobuses para mellorar a calidade do servizo
Next: O Santiaguiño volveu a encher o monte San Gregorio de Padrón

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.