Teo, 23 de setembro do 2020 – Fíos do Querer, un espectáculo de Cé Orquestra Pantasma que funciona a modo de obradoiro, estará este sábado 26 nos Tilos, en Teo.
Fíos do querer ten como obxectivo aprender cantigas e está pensado para cantar, bailar e xogar en familia. O espectáculo está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais. A cita no parque dos Tilos o sábado 26 de setembro ás 17 h.
Aforo e medidas
As prazas están limitadas a 25 crianzas, acompañadas pola familia, é de balde con inscrición previa que pode realizarse a partir do 14 de setembro, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes e DNI (no caso de telo) ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal
O espectáculo cumprirá coas medidas sanitarias establecidas na data do evento e que se comunicarán ás familias a través do enderezo-e no que realicen a inscrición.