Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Entroido
  • Xeral

Fin de semana de Entroido en Ames

ames-emma-concerto-entroido-slide-8-febreiro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 24 de febreiro do 2022 – Ames apúntase ao Entroido na fin de semana con ata cinco propoistas distintas que van desde o rural aos núcleos máis urbanos.
    • O Entroido comeza o sábado
    • Domingo 27

Ames, 24 de febreiro do 2022 – Ames apúntase ao Entroido na fin de semana con ata cinco propoistas distintas que van desde o rural aos núcleos máis urbanos.

A veciñanza, o tecido asociativo e o Concello son os responsables da organización das propostas de Entroido en Ames que se suman ao resto das que ofrece a bisbarra.

O Entroido comeza o sábado

Ames – Milladoiro Imaxe de arquivo

As propostas comezan o sábado 26 de febreiro en tres puntos distintos do concello. A Festa do Entroido do programa Amessan será a primeira en arrancar, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Alí haberá premios para os mellores disfraces e música en directo a cargo de Ana Angueira. Ademais, o evento contará cun servizo de autobuses coas paradas habituais do Amessan, para o que se pode reservar praza ata mañá xoves 24, ás 14:00 horas, chamando aos números 662 377 044 ou 683 327 378.

Tamén ás 17:00 horas, na praza Manuel Murguía do Milladoiro, a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza un concurso de disfraces para nenos e nenas de ata 12 anos, no que haberá premios en metálico para grupos de máis de 8 crianzas e para grupos máis pequenos ou disfraces individuais. Para participar, cómpre inscribirse ata o 25 de febreiro enviando un correo ao enderezo xuntanzaempresariosames@gmail.com. As bases ao completo poden consultarse premendo nesta ligazón. O evento contará ademais coa actuación da charanga NBA.

Ames – Milladoiro Imaxe de arquivo

A terceira proposta do sábado será a da Asociación de Veciños San Pedro de Bugallido, que a partir das 18:00 horas comeza as súas actividades no campo da festa de Bugallido. A parroquia contará con obradoiros infantís dende as 18:00 horas, animación dende as 19:00 horas con “Animus Disco Móviles”, e sesión de baile ás 21:00 horas co dúo “Eva e Camilo”. A festa contará con cantina, orellas, filloas e varios sorteos,e sorprenderá ás persoas asistentes coa queima dun meco.

Domingo 27

Xa o domingo 27, será a quenda da Asociación Cultural das Tres Aldeas, da parroquia de Ames, que celebrará no centro sociocultural de Cruxeiras unha merenda de Entroido a partir das 17:00 horas. Haberá doces típicos do Entroido e servizo de bar, acompañados dun concurso de disfraces con categorías individuais, de parellas ou de grupos.

Por último, o luns 28, XEA organiza un novo evento en Bertamiráns, na praza da Maía, ás 17:00 horas. Nesta ocasión tratarase dun baile de disfraces, no que se repartirán premios a todas as persoas que asistan disfrazadas. A proposta contará coas actuacións da charanga “Os Celtas” e do dúo “Rubén e Sanela”.

Post navigation

Previous: Filloas de Boqueixón para a comida
Next: Novo equipamento para os atletas de Negreira

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.