Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Compostela
  • Xeral

Filloas de Boqueixón para a comida

Por noveno ano A Asociación Cultural da Filloa, o Concello de Boqueixón e o centro comercial El Corte Inglés de Santiago organizan durante varios días unha degustación de filloas
Xornadas-Filloa-Lestedo-Corte-Ingles_0998-slide_r

Boqueixón, 24 de febreiro do 2022 – Por noveno ano A Asociación Cultural da Filloa, o Concello de Boqueixón e o centro comercial El Corte Inglés de Santiago organizan durante varios días unha degustación de filloas á hora da comida.

A promoción da Festa da Filloa de Lestedo desenvolverase na cafetería do centro comercial. Ata o 4 de marzo, unha filloeira elaborará en directo este produto tradicional da gastronomía galega tan típico do Entroido desde as trece horas ata as catro da tarde.

As xornadas promocionais foron presentadas polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; directora de El Corte Inglés de Santiago, Cristina García de Albéniz; o director rexional de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia-Asturias, Pati Blanco; e o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal.

Manuel Fernández Munín agradeceu un ano máis a implicación de El Corte Inglés na promoción da Festa da Filloa de Lestedo, declarada de interese turístico de Galicia. “Para o Concello de Boqueixón é un orgullo poder contar un ano máis co apoio de El Corte Inglés para poñer en valor un produto tan noso e tradicional como a filloa de Lestedo”, sinalou o rexedor.

Pola súa banda, Pati Blanco destacou “os 9 anos de apoio á Festa da Filloa de Lestedo e a importancia da elaboración artesanal deste produto identitario da cultura gastronómica de Galicia e, en especial, do seu Entroido”. Así mesmo, diante a intención anunciada por José Manuel Canabal de “levar o ano que vén a Festa da Filloa a outras cidades”, Pati Blanco ofreceu o apoio de El Corte Inglés á súa promoción en Vigo e A Coruña para próximas edicións.

Ata o vindeiro 4 de marzo, todos os días entre as 13.00 e as 16.30 horas, unha filloeira elaborará en directo as Filloas de Lestedo na cafetería de El Corte Inglés de Santiago. Os asistentes poderán degustar de forma gratuíta as filloas e, ademais, poderán levar a súa casa a auténtica receita da filloa de Lestedo, que celebrará a súa gran festa o domingo 6 de marzo en Boqueixón.

Post navigation

Previous: O campus tecnolóxico de Cortizo en Padrón avaliado pola Xunta
Next: Fin de semana de Entroido en Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.