Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O XIII Festival Peregrinos Musicales levará a música clásica a pé de rúa

A XIII do Festival Peregrinos Musicales desenvolverase en Compostela, cunha cita tamén en Ames, do 29 de xuño ao 14 de xullo.
peregrinos-musicais-slide-1-xunho-2023-(1)_r

Bisbarra, 1 de xuño do 2023 – A decimo terceira edición do Festival Peregrinos Musicales desenvolverase en Compostela, cunha cita tamén en Ames, do 29 de xuño ao 14 de xullo.

Peregrinos Musicales levará este ano á rúa a música clásica. Será nunha xornada na que participarán os 7 novos talentos internacionais galardoados no certame vencellado a esta cita.

A presentación do evento desenvolveuse no Museo das Peregrinacións e contou coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura en funcións de Santiago, Mercedes Rosón; a súa homónima en Ames, Natividad González, e a directora artística desta cita, Ilona Timchenko.

No acto, debulláronse as principais novidades do Peregrinos Musicales, que este ano renderá unha homenaxe ao recoñecido compositor e pianista contemporáneo Sergei Rachmaninoff polo 150 aniversario do seu nacemento.

O festival comprenderá un total de 7 xornadas, con entrada de balde, protagonizadas tanto por novos talentos como por artistas consagrados de carácter internacional. Os concertos desenvolveranse no Teatro Principal, no Auditorio de Galicia (coa Real Filharmonía), no Hostal dos Reis Católicos e no Pazo da Peregrina de Ames. O acceso a todas os concertos será libre e gratuíto.

Peregrinos nos Balcóns

Segundo Ilona Timchenko “unha das grandes sorpresas deste ano será a celebración da xornada Música nos Balcóns, o venres 7 de xullo pola tarde. Esta actividade permitirá que 7 novos talentos internacionais ofrezan a súa obra desde 4 edificios emblemáticos do casco histórico compostelán, tomando como eixo a Rúa do Vilar”.

Na súa intervención, Mercedes Rosón salientou a orixinalidade deste novo formato de música a pé de rúa, que supón “unha apertura do festival á cidadanía”. Ademais, afirmou que “estes proxectos compartidos, entre distintas entidades e institucións, conseguen unha vontade común para desenvolver iniciativas en beneficio da cidade”.

Esta xornada estará protagonizada polos 7 galardoados do XIII Certame Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales. Os seis premiados foron os pianistas Yuri Durán, Cris Bernal (Galicia) e Sofía Zhólobova (Ucraína); o fagotista Emanuel Sint (Alemaña); o clarinetista Pablo López (País Vasco) e a violinista Nerea Arriola (País Vasco). O chelista Jorge Suárez recibiu un Premio especial do xurado ao Mellor Intérprete galego.

Entre as 17.00 e as 20.00 horas sucederanse cada hora catro actuacións na Fundación Eugenio Granell (clarinete e violín), no Café Casino (cunha actuación de piano a 6 mans); na Fundación Torrente Ballester (cello), e na Casa do Cabido (con violín, clarinete, fagot e cello). Seguidamente, ás 21.00 horas, a xornada de Música nos Balcóns finalizará cun concerto conxunto destes novos intérpretes no Hostal dos Reis Católicos.

Aposta polo talento galego

Outra das novidades é a potenciación do talento galego. Ilona Timchenko salientou, neste senso, “o incremento de nivel entre os participantes de Galicia. De feito, este ano creouse un Premio Especial ao Mellor Intérprete Galego e dos 7 galardoados, 3 son de aquí”.

Pola súa banda, Anxo Lorenzo valorou moi positivamente esta aposta polas promesas da comunidade autónoma. “O Festival Peregrinos Musicales converteuse nunha incubadora de talento e creación e intercambio internacional. Ademais, agora aposta por unha fórmula de difusión de música clásica con diferentes formatos, que consegue atraer e tamén formar ao público”, asegurou.

Homenaxe a Rachmaninoff

A homenaxe que o evento realizará a Sergei Rachmaninoff verase reflectida nas pezas musicais que se interpretarán durante todo o festival. Así, o programa comezará o día 29 de xuño cunha obra creada polo recoñecido compositor na honra de Tchaikovski. Ademais dos novos talentos, a cita contará coa participación de consagrados artistas internacionais, que actuarán no Teatro Principal de Santiago.

Estes son a violinista Diana Poghosyan (29 de xuño); Dúo Degas, composto polos pianistas Gala Chistiakova e Diego Benocci (30 de xuño); o cellista Roger Morelló Ros (13 de xullo), e o Trío Metamorphoses (14 de xullo), integrado pola pianista Ilona Timchenko, a clarinetista Jean Johnson e cellista Iván Balaguer Zarzo.

Concertos en Ames e coa RFG

No tocante aos novos talentos internacionais, tamén ofrecerán un concerto no emblemático Pazo da Peregrina (en Bertamiráns, Ames) o domingo 9 de xullo. Sobre este último, Natividad González amosou a súa satisfacción por participar nesta edición e augurou futuras colaboracións coa organización do Festival Peregrinos Musicales.

O martes 11 de xullo, os galardoados poderán actuar como solistas no tradicional concerto coa Real Filharmonía de Galicia. Nesta xornada entregaranse tamén os Premios do público e do concerto con caché da Asociación Peregrinos Musicales.

O Festival Peregrinos Musicales se desenvolve nesta edición grazas ao apoio económico de Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago e Concello de Ames e a colaboración de Consorcio de Santiago, Fundación Eugenio Granell, Fundación Torrente Ballester, Hostal dos Reis Católicos, Café Casino, Auditorio de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.   

Programa completo do XIII Festival Peregrinos Musicales

29 de xuño-Teatro Principal (20.30 horas): concerto “Na memoria dun gran artista”, con Diana Poghosyan (violinista), Jorge Suárez (cello) e Ilona Timchenko (piano).

30 de xuño-Teatro Principal (20.30 horas): concerto de Dúo Degas:  Chistiakova & Benocci piano duo.

7 de xullo: xornada de ‘Música nos Balcóns’

Praza do Toural – Balcón da Fundación Eugenio Granell (17.00 horas): Pablo López (clarinete) e Nerea Arriola (violín)

Rúa do Vilar – Café Casino (18.00 horas): Piano a seis mans con Sofía Zholobova, Yuri Durán e Cristina Bernal.

Rúa do Vilar – Balcón Fundación Torrente Ballester (19.00 horas): Jorge Suárez (cello).

Praza de Praterías – Balcóns Casa do Cabido (20.00 horas): Emanuel Sint (Fagot), Nerea Arriola (violín), Pablo López (clarinete) e Jorge Suárez (cello)

Hostal dos Reis Católicos (21.00 horas): Concerto final de todos os laureados no Certame Internacional Peregrinos Musicales. Haberá unha obra de piano a seis mans con Stefano Visintainer como pianista colaborador.

9 de xullo – Pazo da Peregrina, Ames (21.00 horas): concerto de laureados no Concurso Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales.

11 de xullo – Auditorio de Galicia (20.30 horas): concerto dos gañadores do Certame Peregrinos Musicales coa Real Filharmonía de Galicia

13 de xullo – Teatro Principal (20.30 horas): concerto “La voz de Casals”, Roger Morelló Ros (cello) 

14 de xullo – Teatro Principal (20.30 horas): actuación do “Trío Metamorphoses”, composto por Jean Johnson (clarinete), Iván Balaguer Zarzo (cello) e Ilona Timchenko (piano).

Post navigation

Previous: Comeza a novena edición da Maker Faire Galicia
Next: A Semana do Libro de Compostela, SELIC, volve á Quintana

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.