Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Feito o Man, vinte dous anos de música na rúa

feito aman SLIDE

Como cada agosto a Asociación Cidade Vella organiza o Feito a Man, un festival único que este ano eleva aínda máis o nivel con nomes como Sumrra, Xisco Feijoo ou Julián Maeso

O vindeiro martes 4 da agosto os Sumrrá abrirán o Feito a Man na Quintana e será outra forma de celebrar os seus 25 anos de traxectoria musical. Unha actuación que remarca o nivel do Feito a Man que, pola súa banda, chega á edición número vinte dúas.

O Feito a Man foi presentado no concello de Santiago coa presencia da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; Ánxeles Porto, directora do festival e Xacobe Martínez, membro de Sumrrá.

2021
2022
2024

Ánxeles Porto reivindicou o formato do Feito a man, un formato que gusta ao público e funciona. No relativo á imaxe gráfica deste ano, deseñada por Antón Corsario, salientou a idea que ten o festival de involucrarse nos asuntos esenciais, en referencia á presencia no cartel de “Palestina libre” e  “Altri non”. 

En canto aos contidos, Ánxeles explicou que o festival repite a súa estrutura habitual onde destaca a variedade de xéneros das propostas musicais. Así mesmo por primeira vez o teatro de improvisación formará parte da programación.

Ademais, a Asociación Cidade Vella, organizadora do festival, colabora con varias ONG’s entre as que se atopa Greenpeace, da que este ano se acolle unha exposición fotográfica de rúa sobre o voluntariado en Galicia.

A programación contará con recoñecidas propostas galegas como Sumrrá, Nani García Trío, A banda da loba ou Santi Araujo; e algunhas chegadas doutras latitudes como Luiz Caracol (Portugal), Luciana Yuri (Arxentina) ou Atempo (Cuba).

Un dos sinais de identidade do festival é a diversidade que acolle a nivel de estilos musicais, así, poderase gozar de propostas que van dende o jazz até o trip-hop, pasando polo funk, o blues ou o folk.

O festival está organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que, desde 1987, reúne establecementos de hostalaría da zona vella compostelá cun claro compromiso coa cultura e coa cidade. É posible grazas ao apoio do Concello de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña e conta, ademais, con diferentes empresas coas que vén colaborando nos últimos anos como Casa de xantar O Dezaseis, Gadis, Froq ou Vincusys.

Actualmente, os establecementos organizadores son Camalea, Modus Vivendi, Atlántico, Chocolate, O Pozo, Casa das crechas, Literarios, A Gramola, Borriquita de Belém, Xuntanza, A Reixa, Embora, Momo… a rúa e O Galo D’ouro.

A Praza de Feixóo, a Rúa de Xelmírez, a Praza da Quintana ou San Paio de Antealtares son algúns dos catorce espazos da cidade histórica nos que se poderá gozar de música ao vivo.

O Feito a man 2025 dará comezo o día 4 de agosto na Praza da Quintana coas actuacións de Sumrrá e A banda das Crechas; e rematará o luns 25 na Fonte de San Antonio cunha mostra de alumnos e alumnas de WAX! Cultura DJ.

Deixamos por aquí o programa completo para que o podades descargar

feito a man programaDescarga

Post navigation

Previous: O sector do aloxamento di non á taxa turística
Next: Festival C, con C de cultura e Compostela

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.