Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Xeral

O IV Festival de Cine Galego “O Tremo” traerá catro flims a Brión

Cartel do festival de cine que se celebra en Brión

Brión, 15/04/2026 – O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá, o venres 24 e o sábado 25 abril, a cuarta edición do Festival de Cine Galego “O Tremo”, un evento organizado polo Concello de Brión e Aldea Producións.

Unha iniciativa que foi presentada polo alcalde, Pablo Lago, e os responsables de Aldea Producións, Ramón Cordido e Xacobe Sineiro, quen estiveron acompañados polo técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez.

Os filmes escollidos para esta edición son “Antes de nós”, “Rondallas”, “San Simón” e “Leo&Lou”, “catro das películas máis salientables feitas en Galicia neste últimos meses que acompañaremos coa presenza de actores e actrices”, sinala Ramón Cordido, quen engade que “como un festival non deixa de ser unha festa, gozaremos tamén de música en directo e tapeo a fartar”.

Un punto no que coincide Pablo Lago, quen destaca “a boa acollida que ten este festival, que serve para poñer en valor o presente do audiovisual galego e achegalo de forma gratuíta aos veciños e veciñas de Brión, tanto a través da proxección das películas como de coñecer aos seus directores e actores”.

Ao igual que o ano pasado, nesta edición tamén haberá unha sesión matinal especial unicamente para o alumnado do IES de Brión, para quen se proxectará “Antes de nós”, filme que arrasou nos Premios Mestre Mateo ao acadar 13 galardóns, récord histórico.

O seu guionista, Pepe Coira (autor tamén das célebres series “Rapa” e “Hierro”’) será o encargado de presentar esta cita que conta a historia de Castelao antes da Xeración Nós, contestando ás preguntas que fagan os alumnos e alumnas brioneses. Será durante a mañá do venres 24 de abril

Proxeccións públicas

O venres 24, ás 21:00 horas, será a quenda de “Rondallas”, coa actriz galega Marta Larralde. Un filme que é un éxito rotundo do cine galego e no que, antes da proxección, haberá un photocall polo que se se pasará unha Rondalla en directo composta por membros das asociacións de Bugallido, Ortoño e Viduido. Tras o filme, tapeo e concerto do grupo “Os Piñeiros”.

O sábado 25 de abril, ás 18:00 horas, proxectarase “San Simón”, que pon en imaxes emotivas o tempo no que a illa da Ría de Vigo foi convertida en campo de concentración do réxime franquista.

O seu director, Miguel Ángel Delgado, e os actores principais, Flako Estévez e Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, estarán presentes no centro social polivalente brionés para falar dos pormenores da súa rodaxe e daqueles tráxicos tempos da historia galega.

Finalmente, ese mesmo sábado ás 21:00 horas terá lugar a proxección do filme para todos os públicos “Leo&Lou”, entrañable conto visual dunha nena que non fala e dun home que non sabe escoitar rodada en fermosas localizacións da costa que vai de Ferrol a Cedeira.

En Brión estarán presentes tanto a actriz que dá vida a esa nena, Julia Sulleiro, como ao director Carlos Solano. Ao rematar o coloquio con eles, novo tapeo e a actuación de Adrián Costa, un dos máis reputados bluesmen de Europa quen se achega dende o barrio das Fontiñas (Santiago) para pechar por todo o alto O Tremo´26.

Os tres pases públicos serán de entrada gratuíta, se ben para asistir será necesario realizar reserva previa a través da billeteira do Concello de Brión ou na propia sala de proxeccións, se quedaran butacas libres.

Dende Aldea Produccións, organizadora do festival, salientan que “todo é de balde grazas á colaboración do Concello de Brión e das empresas Espina & Delfín, Hotel Balneario Compostela e Global Develop Event Service”.

Post navigation

Previous: Confirmada a condena a Augas de Ames por vulneración da liberdade sindical
Next: Camiñar Santiago con “Compostela Des-parellada”

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.